Skip to Content

PROCESO FINAL NA SOLICITUDE DE PRAZA DE COMEDOR: AUTODECLARACIÓN

A Consellería ven de publicar a Instrución 2/2020 da Secretaría Xeral Técnica, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de Xestión Directa no curso escolar 2020-21.

Nesta circular resumimos o máis importante destas instrucións: circular-comedor 20-21


Para rematar co proceso de reserva de praza no comedor é preciso presentar o documento da AUTODECLARACIÓN no que se rexistra o cálculo do custe do servizo para cada alumna/o.

 

Autodeclaración, modelo 1: Documento para imprimir, cubrir a man e entregar no centro. (para unha mellor xestión da documentación, pregámoslles que impriman na mesma folla polos dous lados)

 

Autodeclaración, modelo 2: Documento para cubrir no ordenador, imprimir, asinar e entregar no centro

 (Poderíase asinar dixitalmente e entregar por correo electrónico pero tendo en conta que todas as persoas, declarante, cónxuxe e fillos/as maiores de idade que deben asinar teñen que ter sinatura dixital. Non valen os documentos escaneados con sinatura manual)

 

No seguinte enlace ten á súa disposición unha aplicación para facer o cálculo para cubrir o documento: cálculo da autodeclaración.

                                      _______________________________________________________

 

No caso de precisar axuda para cubrilo hai que pedir cita previa no teléfono 881866498, se xa ven cuberto e asinado pode traerse en calquera momento no horario do centro.

 IMPORTANTE: aínda que o prazo de presentación é ata o 10 de setembro precisamos telo canto antes polo complexo proceso de organización das prazas de comedor, principalmente na subida de datos e planificación de espazos e recursos necesarios.

                                    _________________________________________________________

 

Acceso ao servizo por parte de alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden por área de influencia:

 

O alumnado escolarizado en centro distinto ao que lle corresponda non terá dereito ao comedor escolar.

 

Porén, terán dereito ao servizo as irmás e irmáns do alumnado xa escolarizado con carácter forzoso no centro.

 

Excepcionalmente, sempre que existan no comedor escolar prazas libres e as condicións existentes o permitan, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería poderá autorizar para cada curso escolar a incorporación de alumnos escolarizados fora de área. Estes autorizados excepcionais, con independencia das súas circunstancias persoais e de renda familiar, terán que aboar, en concepto de prezo público a cantidade de 4,50 € por día de servizo.

As citadas autorizacións concederanse en precario e serán revogables se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferente.

O alumnado escolarizado no curso anterior fóra de área de influencia, a partir do curso seguinte consolídase nunha situación similar á dos escolarizados propios do centro.

 

AnexoTamaño
AUTODECLARACION_COMEDORES_Impr.pdf174.67 KB
Autodeclaración comedor 2020_2021_dix.pdf879.7 KB
Circular_comedor_1.pdf153.4 KB


page | by Dr. Radut