Mércores, 15 Abril, 12:00
 

Hi, children!

Na situación que estamos a vivir non quero que vos agobiedes, pero ao mesmo tempo penso que estamos pasando por unha situación ideal para que desenvolvades a vosa creatividade. Ao mesmo tempo iso fará que pasedes un anaquiño entretidos e desfrutando ao tempo que adquirides destreza e perfeccionades o voso trazo, uso de cores, etc. Esta é a miña proposta:

Tedes que facer un libriño. Non importa o tamaño das páxinas, vos decidides iso. Cada día facedes un debuxo ou actividade que represente algo que fixestes ese día. Por exemplo: vin con meus pais unha película e comimos flocos de millo. Pois debuxo o bol cos flocos de millo. Ou en lugar de debuxalo, utilizo cachiños pequeniños de papel e pégoos para que parezan os flocos de millo. Ou debuxo a miña personaxe favorita da peli!!

Outro día. Imaxinade que cociñei cos meus pais un pastel. Pois debúxome cociñando. Ou debuxo o pastel. Ou fago unha manualidade que teña algo que ver coa cociña...E xa teriades dúas follas do voso libriño.  Así cada día 

POÑEDE A DATA EN QUE FACEDES CADA PÁXINA

NON IMPORTA SE NON O FACEDES TODOS OS DÍAS. CANDO QUEIRAS. O TEU LIBRO TERÁ AS PÁXINAS QUE TI DECIDAS.

BE CREATIVE! USE YOUR IMAGINATION!

USE DIFFERENT MATERIALS.

HAVE FUN!!!!!

Á VOLTA DO COLE DISFRUTAREMOS DOS VOSOS LIBROS.

iCal