fondo

Horarios

HORARIO | COLEGIO ESPAÑA

O colexio ten xornada continuada de 09:00 a 14:00 horas. Neste tempo establése un recreo entre as 11:30 e as 11:55 horas

Tódalas tardes o centro permanece aberto entre as 16:00 e as 18:00 horas tanto para a realización das diferentes actividades extraescolares organizadas pola ANPA Sarela como para o uso da Biblioteca Escolar por parte das familias e os/as alumnos/as que o desexen, estando atendida en todo momento por un mestre/a.

Os servizos de Comedor Escolar e Madrugadores están xestionados polo Concello de Santiago de Compostela.

Servizo de madrugadores

7:30h a 8:55h

Servizo de comedor 

14h ata 16:30h

Enlace comedor escolar

 

Entradas:

  • Transporte escolar ás 8:50
  • Resto do alumnado timbre ás 8:55 

                              Saídas:

  • Transporte escolar 13:50
  • Timbre de Educación Infantil ás 13:50
  • Timbre de Educación primaria ás13:55

Temos unha quenda de recreo en primaria de 11:30 a 11:55

O alumnado de Educación Infantil poderá dispoñer de dúas quendas unha das cales será no mesmo horario que o resto do centro

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.