fondo

ABALAR MÓBIL 

Tedes máis información na sección de

FAMILIAS

FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN AO NOSO CENTRO EDUCATIVO, FACEDE CLICK NA IMAXE DE ARRIBA E ACCEDEREDES A TODA A INFORMACIÓN SOBRE A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL.

DENDE O DÍA 1 ATA O 31 DE AGOSTO, AMBOS OS DOUS INCLUIDOS,  ESTE CENTRO EDUCATIVO ESTARÁ PECHADO

DISFRUTADE DAS VACACIÓNS

Para calquer consulta á Dirección do centro, pódese enviar un correo a:

ceip.rainha.fabiola@edu.xunta.gal 

Alguna viste a un perro manejando una moto acuática? | Mil Gifs!

 

 

 

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DO MES DE XULLO 

SERÁ DE 10 A 12:30H

 

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

 Prazos e o procedemento de admisión nos Servizos de Comedor e Madrugadores, na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela.


Impreso de inscripción

Información no proceso de matricula

APP Colechef

 

MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO

PRAZO DO 20 AO 30 DE XUÑO

DOCUMENTACIÓN FORMALIZACIÓN MATRÍCULA:

 

 

ENLACE PARA ACCEDER ÁS 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 

 

 

O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA VIAXA AO CONTINENTE AFRICANO

E CON ESTE MAGNÍFICO TRABALLO ,SON QUEN DE MOSTRARNOS AS CARACTERÍSTICAS MÁIS IMPORTANTES DESTA MARABILLOSA EXTENSIÓN DE TERREO CON TANTOS CONTRASTES 

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL

E colorín colorado este curso Covid case está rematado, pero non queremos marchar sen antes compartir con todos e todas  vós unha pequena mostra do ben que o pasamos nas nosas horas de patio. Foi diferente, pero tamén emocionante, divertido e á vez educativo. Disfrutádeos! Un saúdo do Equipo de Infantil.

COVID, E A MIN QUE!  4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

COVID, E A MIN QUE!  5º EDUCACIÓN INFANTIL

 

COVID, E A MIN QUE!  6º EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

O alumnado de EI tamén tivo tempo de bailar mentres traballábamos o baile galego coa canción "No baile" de Mamá Cabra. A proba atoparédela no seguinte vídeo...

 

NESTE TRIMESTRE E COMO COLOFÓN AO PROXECTO DA BIBLIOTECA NON PODÍA FALTAR A ACTUACIÓN  DO ALUMNADO DE 6º  DE PRIMARIA CON ESTE FANTÁSTICO TRABALLO SOBRE O “ HIP HOP”...

DISFRUTADE E .....DENTRO VIDEO:

 

 

"Este ano o alumnado de quinto fixo un proxecto sobre Xapón. Velaquí unha pequena mostra"

 

 

O alumnado de 3º de Primaria ven de publicar o seu quinto exemplar do seu xornal  

“ Terceiromanía 5“

 

 

 

 

  

Convocatoria de bolsas de comedor escolar, adquisición de material e actividades extraescolares. Curso 2021/2022

ANEXOS : DESCARGAR IMPRESOS E INFORMACIÓN FACENDO CLIK:

 

ACTIVIDADE DE 1º PRIMARIA

NESTE TRIMESTRE O ALUMNADO DE 1º REALIZOU UN MARABILLOSO TRABALLO TITULADO " VIAXAMOS Á INDIA" , ONDE APRENDERON SOBRE A SÚA CULTURA, TRADICIONS... DISFRUTADE E .....DENTRO VIDEO:

 

 

ACTIVIDADE DE 4ºA 

Os alumnos e alumnas de 4ºA presentan  o seu proxecto Jerusalema, co cal queren unir forzas e vencer todos xuntos a COVID-19. 

Facer click na imaxe e poderedes acceder ao video

 

ACTIVIDADE DE INGLÉS 4ºB

Os alumnos/as de 4°B fixeron unha pequena  investigación sobre a Música  Country. Aprenderon os diferentes tipos de baile, os instrumentos musicais máis populares, a vestimenta típica e algún dos cantantes máis  famosos  da música  Country. 

The 4th B students carried out a short research on country music. They learned about the diferent types  of dance, the most popular musical  instruments, the typical chothes and some of the most  famous country singers. 

 

O alumnado de 3º de Primaria ven de publicar o seu cuarto exemplar do seuxornal  “ Terceiromanía 4 “

                                           

 

 

"GRAZAS ANPA E FAMILIAS DO CEIP RAIÑA FABIOLA"

A comezos deste curso20-21  con grandes  restriccións e un protocolo por cumprir ameazando a normalidade como así foi, na utilización de todas as instalacións do centro incluindo o ximnasio, destacaba unha pálida cor sobre a atmosfera de xogos e actividades en Educación Física.

Entón tomamos a decisión de revitalizar o espazo dándolle un cambio de luminosidade cunha cor diferente e  creando máis tarde un marabilloso recuncho de escalada  construindo un " ROCÓDROMO"

Temos que dar as grazas principalmente á ANPA SARELA e a todas as familias que participáchedes, para que os vosos fillos e fillas poidan disfrutar del nas clases de psicomotricidade e Educación Física.

  

Compartimos convosco nun pequeno video "o antes e o despois" coa montaxe e o traballo levado a cabo neste  proceso laborioso de pintura vernizado e montaxe do Rocódromo....ESTE  É O RESULTADO....

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Libro GIFs | Tenor

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en primaria, ESO e educación especial para o curso 2021/22.

NORMA: ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:21 DE MAIO AO 22 DE XUÑO DE 2021

FORMULARIO PARA SOLICITUDE ANEXO I E II

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

A solicitude pódese cumprimentar:

A solicitude será única para tódolos fillos/as admitidos nun mesmo centro.

 

 

HORTO ESCOLAR

Estamos avanzando na posta en marcha do noso Horto Escolar, podedes ollar a evolución  facendo click nesta imaxe

 

 

 

Especial Día das Letras Galegas

 O ALUMNADO DO CEIP RAIÑA FABIOLA NA T.V.G 

O programa “DÍGOCHO EU” pasou polo noso centro e entrevistou á titora de 6º curso de Primaria e tamén a a nenos e nenas de 3º, 5º e 6º curso para saber cal é o actual dominio da nosa lingua no día a día tanto na escola coma na casa.

Podédelo ver pinchando na imaxe e dándolle play ao video  " VIVIR AQUÍ" dende o minuto 24 ata 0 30

 

 

 

 TRABALLO DE TAICHÍ CHUAN 6 DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O TAICHI CHUAN,  antiga arte marcial chinesa.O noso alumnado de 6º, estudiou, traballou, investigou e representou nunha pequena coreografía algúns movementos , formas e plasmaron a esencia e principios desta arte milenaria.

 

 

 

  Actividades do día do libro e das   Letras Galegas

 Pinnchando na imaxe accederedes ao blog e poderedes ver diferentes actividades que propón a Biblioteca  

Biblioteca GIFs | Tenor

 

 

 TAICHÍ CHUAN 5ºA E 5ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 5ºA e 5ºB aprenderon neste trimestre a interrelación existente entre o Tai Chi  a mellora da saúde, a conciencia e control do corpo, a flexibilidade, a relaxación, a respiración e o control postural.

 

Podedes ollar todo isto nesta pequeña montaxe que realizamos en relación con este tema.

 

 

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso 2021-22 con data 10 de maio.

Contra a relación definitiva,as persoas interesadas poden interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

TRABALLO DE TAICHÍ CHUAN 4ºA E 4ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O TAICHI CHUAN é unha antiga arte marcial chinesa con notables beneficios para a nosa saúde. O estilo que estivemos a traballar é o YANG.

O alumnado de 4º A E 4ºB de Educación Primaria na materia de Educación Física, estudiou, traballou, investigou e representou nunha pequena coreograsfía algúns movementos e formas que ides ver a continuación nunha pequena montaxe.

 

 

PRESENTACIÓN SOBRE XELA ARIAS

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos compartir no noso BLOG  con todos vós a presentación que creamos sobre a autora homenaxeada este ano polo día Das Letras Galegas. Facer clic na imaxe 

 

 

TERCEIROMANÍA

 Aquí vos deixamos o terceiro número do xornal da clase de 3º, pulsade na imaxe e accederedes.

 

 

 

Os nenos e nenas de 3º salvan o mundo!

Baixo a dirección de César, titor de 3º de Primaria  e Valeria (mestra de prácticas) 

O Ministerio de Maxía, convocou aos nosos alumnos e alumnas para ver se eles e elas eran capaces de resolver os diferentes enigmas que os conducirían ao elixir máxico que salvaría a humanidade.

 

Todo isto foi a introdución dun "Scape Room - Gymcana" de matemáticas. O traballo en equipo tivo moita importancia ao longo da xornada, para poder acadar o obxectivo final.

 

 

 

PARQUE DE EDUCACIÓN INFANTIL