APERTURA PRAZO COLABORADORES COMEDOR
Ábrese o prazo de admisión de solicitudes para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario de comedor para o curso 22/23 do CEIP Plurilingüe da Rabadeira.
Segundo se recolle na instrución 2/2022 as funcións de colaboración no comedor poderán ser desempeñadas por pais, nais, titores legais ou acolledores familiares do alumnado do centro que estea cursando estudos na actualidade.
Ademáis as persoas colaboradoras percibirán unha compensación económica polos gastos de dedicación e asistencia polo importe de 12,50€ por cada día. O pagamento realizarase trimestralmente.
O horario de colaboración será de 13’00h a 15’00h e poderán comer dentro deste horario de xeito gratuíto.
Poden descargar e cubrir o Anexo III ou recollelo na secretaría do centro.A secretaría do centro permanece aberta en horario de 9’30h a 14’00h para entregalo.
INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR CURSO 22-23
Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2022-2023. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán descargar (premendo nas ligazóns) e cubrir os seguintes dous documentos:
-
O anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2021), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.
- Solicitude colaboradores/-as os interesados/-as en colaborar co servizo do comedor escolar entregade este documento cuberto e asinado na administración do colexio.
Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlace https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:
1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.
2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.
3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.
4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.
5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.
As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.
Tramitación:
Presencialmente na secretaría do centro dende o xoves 30 de xuño ata o venres 8 de xullo, de 09:30h a 14:00h (Non se necesita cita previa).