Skip to Content

1º e 2º de Educación Primaria

ACTIVIDADES DE CC SOCIAIS PARA 2º DE EP

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E NON OBRIGATORIAS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA
Se non se ten acceso a impresora, pódense copiar e facer nunha libreta, nun folio ou claquera outro soporte

Preme AQUI

 



CONTACONTOS IGUALDADE: Raquel Queizás

Hoxe tivemos a visita da contacontos Raquel Queizás, que coa presentación do espectáculo “Somos iguais. Contos pola Igualdade” fixo a delicia dos nosos nenos e nenas. Esta actuación foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

Carreira Solidaria "Save the Children"

O noso colexio leva 12 anos colaborando coa ONG “Save the Children” a través dunha carreira solidaria na que participan os nosos alumnos e alumnas e que financian as familias. Dita carreira foi o pasado venres 31 de xaneiro, e formou parte das actividades programadas para conmemorar o Día da Paz. Grazas as familias pola súa colaboración, tanto neste evento como en todos os que organizamos con fines solidarios.

As nenas só falan de unicornios

Como colofón as actividades de igualdade e prevención da violencia de xénero que organizou a ANPA do colexio durante este primeiro trimestre, os alumnos e alumnas de teatro representaron a obra “As nenas só falan de unicornios”” escrita e dirigida por Eva F. Ferreira.

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CON VELAÍSCA

Durante o mes de novembro a empresa de animación Velaísca de Chantada realizou varias dinámicas sobre igualdade e prevención da violencia de xénero co alumnado de infantil e primaria do colexio. Estas actividades estiveron organizadas pola ANPA do CEIP.

Podedes premer na imaxe para acceder á galería.

"MANCIÑAS"

A Organización de Xordos de Galicia, Xoga , estivo hoxe no colexio dando a coñecer ao alumnado a lingua de signos a través da actividade "Manciñas" que consistiu nunha charla sobre a lingua de signos e as vantaxes que conleva a súa aprendizaxe e uso. Moitas grazas a Pili e David polo ben que trasmitiron aos nenos e nenas e o gran interese que despertaron neles/as.

Podedes premer na seguinte fotografía para acceder á galería de imaxes.

EDUCACIÓN SEXUAL

Durante este mes de novembro o alumnado de infantil e primaria do CEIP recibiu varias charlas sobre educación sexual por parte de Estefanía e Miguel, médicos sexólogos do gabinete Otero Piñán de Lugo. As charlas, interesantísimas, trataron os seguintes temas: Promoción do respecto á diversidade sexual, prevención en violencia de xénero, dereitos sexuais, habilidades sociosexuais.

Distribuir contido


by Dr. Radut