Skip to Content

Arts and Crafts

WELCOME WINTER! - BENVIDO INVERNO!

Durante o mes de xaneiro na clase de primeiro creamos dúas composicións ó tempo que aprendemos vocabulario meteorolóxico (weather, snow, rain, umbrella...).

Na primeira creación empregamos a técnica do collage coa que compuxemos dúas árbores (winter trees) coas súas respectivas ramas (branches). Despois enchimos o ceo de copos de neve (snowflakes) empregando a pegada dos nosos dedos.

AUTUMN MANDALA

Na aula de primeiro de primaria combinamos as cores do outono coloreando mandalas. Mirade que bonitos!

 

AUTUMN

Con este clima invernal cómpre recordar que aínda estamos no outono. Na aula de primeiro de primaria empregamos cepillos de dentes (toothbrush) para encher con follas de moitas cores a árbore do outono (autumn tree). Agardamos que vos gusten!

THIS IS HALLOWEEN

Na aula de primeiro creamos unha decoración especial para Halloween. Facendo rodar unha canica fomos trazando unha arañeira (spiderweb) que recortamos unha vez secou a pintura. As arañas tampouco podían faltar! Con este pretexto aproveitamos para ir ampliando o noso vocabulario en lingua inglesa: Roll, roll, roll the ball! 

Aquí deixamos unha pequena mostra!

       

 

Distribuir contido


by Dr. Radut