Skip to Content

WELCOME WINTER! - BENVIDO INVERNO!

Durante o mes de xaneiro na clase de primeiro creamos dúas composicións ó tempo que aprendemos vocabulario meteorolóxico (weather, snow, rain, umbrella...).

Na primeira creación empregamos a técnica do collage coa que compuxemos dúas árbores (winter trees) coas súas respectivas ramas (branches). Despois enchimos o ceo de copos de neve (snowflakes) empregando a pegada dos nosos dedos.

Na segunda, decoramos o paraugas (umbrella) con diferentes estampados. Despois, recortámolo e sobre cartulina negra trazamos as pingas da chuvia. 

Para ver máis fotografías podedes facer clic aquí.

 

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut