Skip to Content

A NOSA BIBLIOTECA

                        PARA CONSULTAR OS FONDOS DA NOSA BIBLIOTECA PREME NESTE LIBRO 

 

 

 

                            

 

 

A BIBLIOTECA ESCOLAR

 

 

As bibliotecas escolares deben existir en todos os centros de ensino para acercar a rapaces e rapazas todas as posibilidades de crecer envoltos en palabras.

 

 

   A  lectura é unha competencia básica que contribúe ao desenvolvemento persoal e social do individuo, sen olvidar a estreita relación que existe entre ler e outros procesos intelectuais complexos e complementarios como escribir, falar e escoitar que posibilitan as competencias necesarias para a adquisición de aprendizaxes.

 

 

   Ler é un acto de comunicación que vai máis alá da pura decodificación do que está escrito. Por iso, un centro educativo debe realizar toda unha serie de actuacións que respondan ás necesidades e problemáticas detectadas no mesmo e faciliten a mellora da ensinanza e do aprendizaxe da lectura.

 

 

   A biblioteca escolar é o lugar idóneo para a formación do alumnado no uso das diversas fontes de información e para fomentar a lectura. A biblioteca debe ser, por tanto, un lugar de aprendizaxe activa, onde o alumnado e o profesorado teñen ao seu alcance unha gran diversidade de recursos educativos, ademais de ser o principal axente impulsor do gusto pola lectura.

 

 

   A lectura nos primeiros anos supón para o neno/a un amplo horizonte de fantasía e soños, unha estimulante mestura de conxuros máxicos que lle permitan abrir mil portas e descubrir infinitos mundos da man de utópicos e irreais e ao mesmo tempo próximos e agarimosos seres.

 

 

   Os plantexamentos pedagóxicos baséanse na aprendizaxe activa e autónoma, o que require  contar cos recursos necesarios. Así, a biblioteca escolar debe facilitar o libre acceso as fontes de información e propiciar a igualdade de oportunidades de todos os alumnos/as con independencia da súa condición social e cultural.

 

 

   A biblioteca debe ser un auténtico centro de recursos, un manancial eterno de información, de suxestións, de actividades socioculturais e festivas, unha fonte inagotabel de ferramentas para ampliar o coñecemento e ao mesmo tempo, o berce da fantasía, o fogar do poético, o recuncho da palabra, da amizade, da liberdade e dos soños.

 

O responsable da biblioteca terá como competencias as seguintes:

 

- Planificación e organización dos recursos en base as necesidades do centro.

 

 

- Planificación de accións de dinamización bibliotecaria.


- Catalogar os materiais novos que cheguen ao centro e encargarse do servizo de préstamos.

 

 

- Dinamizar e favorecer o uso da biblioteca entre os alumnos e os profesores.

 

 

    

      FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA 

A xestión da biblioteca ha de ser centralizada, se ben en permanente contacto e colaboración coas bibliotecas de aula.

 

      O servizo de préstamos e devolucións está informatizado  

 

 

No curso 2007/08 decidimos elixir unha mascota para dinamizar a biblioteca. Nomeamos como mascota a unha leoa encargada de gardar os libros e fomentar a lectura en todos os nenos/as do colexio.

 

 

Como queriamos que fora a mascota de todos , acordamos involucralos coas súas ideas e por iso enviamos unha nota informativa aos titores/as para poñer en marcha a campaña para a elección dun nome para a leoa.

 

 

Entre todos os nomes saíu elixido "TRUCA". Esta é Truca, a nosa mascota.  Ver fotos da biblioteca

 

 

 

 

 

                             

 

 

       

 

 

  BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut