Admisión e matrícula

Instrucións e prazos para o proceso de admisión do alumnado. Instrucións e prazos para matrícula do alumnado

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

O prazo de admisión de novo alumnado permanecerá aberto do 1 ao 20 de marzo.

Pode consultar a documentación a presentar nos adxuntos e no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º de educación Primaria que desexe continúar estudos no IES Barraña, abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións seguintes: 

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. Enlace 

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. Enlace

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Enlace

 

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Distribuir contido