Outras propostas PT

Unha receita fresquiña

Bos días a tod@s!

O verán está a piques de comezar e con el e os días de calor apetecen comidiñas e postres fresquiños.

A quen lle amarga un doce? Pois hoxe imos cunha receita riquísima e á vez saudable, un xeado de froitas.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo:

Aquí vos deixo algún enlace máis con receitas para o verán. 

https://www.youtube.com/watch?v=cEEQEuM0uug

https://www.pequeocio.com/6-recetas-de-verano/

Espero que vos gusten.

Se tedes algunha suxerencia de receita podedes enviarma ao meu enderezo electrónico.

Biquiños!!

Ditado. Para 1º e 2º de primaria

Bos días!

Para traballar un pouquiño a percepción e memoria auditiva e a atención, déixovos este enlace para facer un ditado en galego. Recoñecedes de quen é a voz que aparece nos audios?  

Premede na imaxe para acceder á actividade.

Lembrade ao rematar darlle a terminado.

Biquiños!

PROVINCIAS DE ESPAÑA. 4º, 5º e 6º de primaria

Bo día!!!

Que tal estades?

Apetécevos facer un repasiño sobre as provincias de España?

Nesta actividade poderedes facer varios xogos: identificar entre varias provincias as que pertencen a unha Comunidade Autónoma, relacionar cada provincia coa súa comunidade e repasar cada comunidade por separado.

Premede na imaxe para acceder.

Biquiños!

INFANTIL

Bo día amiguiñ@s!

Hoxe, para os peques de Infantil propóñovos facer estas actividades que están chulísimas.

Son 8 actividades nas que podedes practicar un pouquiño de lectoescritura e lóxico-matemática.

Premede na imaxe para acceder.

 

Espero que as desfrutedes.

Biquiños!!!

LETRAS GALEGAS 2020

Bos días!!

Este ano o día das LETRAS GALEGAS vai adicada a:

Ricardo Carvalho Calero. Foi un gran escritor galego. Naceu na cidade coruñesa de Ferrol. De pequeno estudou en dúas escolas da súa cidade e de maior marchou a estudar a Compostela. Defendeu o idioma galego, escribiu moitos libros no noso idioma e traballou en moitas revistas galegas.Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas baixo a choiva

Aquí vos deixo esta actividade sobre o conto das "Pitas baixo a choiva" que nos axuda a traballar a memoria auditiva, xa que temos que lembrar o que escoitamos para responder ás preguntas.

Preme na imaxe para acceder á actividade.

Poñede o voso nome e curso na parte superior da ficha.

Cando a rematedes, pulsade en TERMINADO.

Espero que vos guste. Que teñades boa fin de semana.

Biquiños

CUBO DE RUBIK

Bo día a tod@s!

Hoxe traio unha actividade que me parece interesante e que algunha vez fixen nas miñas clases, para traballar a atención, a través da imitación de modelos.

Eu emprego o CUBO DE RUBIK.

RH1 Radio Integración 107.3 Mhz - CAMPEONATO NACIONAL DE CUBO RUBIK

Non vos preocupedes se non tedes un cubo na casa. Máis abaixo vos explico un par de alternativas.

  • Para os que tedes o cubo. Dádelle unhas cantas voltas ás pezas, mesturade ben as cores. Unha vez feito, escollede unha das caras e coloreade a vosa plantilla da mesma forma que a cara do cubo escollida. Podedes empregar a plantilla que subo como arquivo adxunto ou facede a vosa propia plantilla.
  • Os que non teñades cubo, non vos preocupedes. Podedes:

                          -Utilizar as plantillas que subo como arquivo adxunto. Veredes que hai varias combinacións de cores.

                          -Se tedes botóns que non utilizades ou pompóns podedes poñelos a modo de exemplo, ao igual que na seguinte foto:

 

Biquiños

Maratón na casa

Bos días amiguiñ@s!

Que mellor forma de comezar a semana facendo unha pequena maratón pola casa.

Apetécevos?

Aquí van algunhas ideiñas...

Ocórresevos algunha máis? Podedes engadir as vosas suxerencias na parte de abaixo desta entrada no apartado de ENGADIR NOVO COMENTARIO.

Saudiños

Crebacabezas de adiviñas

Apetécevos crear o voso crebacabezas de adiviñas?

Mirade este exemplo

Só precisades un folio e facer un modelo de ficha rectangular, como na imaxe. Podedes incluír na solución debuxos, debuxos con palabras como as da imaxe ou palabras soas, o que vós prefirades.

Aquí vos deixo alguna ideiña de adiviña para facer as vosas creacións.

https://www.100adivinanzas.com/

 

Saudiños

Para os peques de Infantil

 

Aquí vos deixo unhas ideiñas para traballar a motricidade fina, atención e concentración. Tamén podemos estimular a lóxica creando series como as que se recollen nos vídeos.

 

 

Saudiños

TUTTI FRUTTI

Hai xogos que permanecen no tempo aínda que pasen os anos. O tutti frutti é un deles. 

Cando eu era cativa xa xogabamos na escola e hoxe en día é un recurso co que podemos traballar a velocidade de pensamento, vocabulario sobre diferentes temáticas, memoria, atención e concentración.

No arquivo adxunto atoparedes un documento cunha táboa e algún exemplo para completar. Ademais na segunda páxina do mesmo documento hai 6 cartas con exemplos de diferentes temáticas que incluso podedes combinar entre si. Tamén podedes poñer outras temáticas diferentes.

 

Quen comece o xogo pronunciará a letra “A” en voz alta, e seguirá co abecedario en voz baixa. A persoa sentada á súa dereita diralle “XA” para que diga a letra á que chegou. Con esa letra hai que completar cada unha das columnas.

 

O primeiro que remate dirá “TUTTI FRUTTI”, contará ata 20 e unha vez finalizado o tempo comprobaranse as diferentes respostas.

As puntuacións a cada resposta son as seguintes:

  • Se cada persoa ten unha resposta direrente, en cada casilla= 10 puntos
  • As persoas que teñan as mesmas respostas= 5 puntos para cada unha
  • Se a casilla está baleira= 0 puntos
  • Se unha persoa ten resposta e o resto dos participantes non= 20 puntos

A sumar puntos!!!!

 

Distribuir contido