Ortografía PT

TRABADAS. 1º DE PRIMARIA

Bo día!!

Para repasar un pouquiño as sílabas trabadas (-DR, -TR, -BR, -PR, -BL, -PL)) déixovos estas propostas de actividades.

Premede en cada imaxe para acceder ás actividades.

                   

Espero que vos gusten.

Biquiños

Acentuación. 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

Bo día!

Para facer un repasiño sobre a acentuación de palabras propóñovos esta actividade.

Preme na imaxe para acceder á actividade.

 

Poñede o voso nome e curso na parte superior da ficha.

 

Cando a rematedes, pulsade en TERMINADO.

Biquiños

 

Ortografía. Para 5º e 6º de PRIMARIA

Ola ola!!

Buscando recursos para traballar a ortografía, atopeime con este xogo interactivo que me encantou e que recomendo para 5º e 6º de EP

 

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/13_elemental_watson/index.html

Nel atoparedes diferentes retos, converténdovos en axudantes de Sherlock Holmes.

Ao igual que noutras entradas do blogue, ao acceder á páxina está en branco ou gris. Clicade na peza que sae no medio da páxina e dádelle a permitir no recadro que aparece arriba á dereita. Desta forma xa vos facilita o acceso.

Saudiños

 

Ortografía. Para 3º e 4º de PRIMARIA

Para repasar un pouquiño de ortografía, déixovos estes enlaces con algunhas suxerencias de actividades.

http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010032313_9141509/false

Nesta páxina podedes atopar na marxe esquerda un guión con varios enlaces. Os que están rodeados de verde son nos que tedes que ir clicando.

Unha vez que vades pinchando en cada un deles primeiro hai unha pequena explicación das regras e a continuación tedes que ir clicando en cada número para realizar as seguintes actividades.

 

Tamén vos deixo esta outra alternativa. Un parchís ortográfico

http://contenidos.educarex.es/mci/2007/29/

 

Na paxina principal, na marxe inferior á dereita atoparades estes debuxos:

Que significa cada unha delas?

  • Libro: teória de repaso sobre as diferentes regras que tedes na seguinte imaxe.

 

  • Botas de bruxa: diferentes actividades para practicar as regras.
  • Vasoira: regras do parchís.
  • Pota: xogo do parchís

 

Posiblemente ao acceder ás páxinas vos aparezan en branco. Clicade na peza do medio e dádelle a permitir no recadro que aparece arriba á dereita. Desta forma xa vos facilita o acceso.

Saudiños

Distribuir contido