4º E.P.
Realizando Experimentos. Aprendendo da contorna
Enviado por Anónimo o Mar, 16/06/2020 - 16:04Deixovos a presentación que vos prometera, onde vos suxiro experimentos que podedes realizar vós na casa, con material accesible e pouco traballo...
Eso si, ao mellor manchamos un pouquiño.
Realizando experimentos e aprendendo da contorna
Espero que o pasedes moi ben realizando estas experiencias!!
Bo verán!
Colección de libros sobre natureza
Enviado por Anónimo o Ven, 12/06/2020 - 11:15Se vos gusta saber máis sobre árbores, plantas, fungos, insectos, aves, mamíferos, reptiles e anfibios, aqui tedes un enlace a unha imaxe interactiva onde podedes descargar unhas guias visuais de Editorial Omega.
Son lecturas moi interesantes para todos aos que lles guste a natureza. Non olvidemos que para coidar ben da natureza, temos que coñecela.
Unha aperta!
A Función de Relación, repaso de CCNN
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 22:28Deixovos o enlace á presentación A Función de Relación.
É repaso e tamén amplia algunhas cousiñas que ides ter que aprender.
Espero que vos resulte moi útil.
Un saúdo
8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 18:18Hoxe é o Día Mundial dos Océanos.
O propósito deste Día é concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e poñer en marcha un movimiento mundial ciudadano a favor dos océanos.
Este día quere movilizar e unir á poboación mundial sobre a importancia da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e menciñas e unha parte esencial da biosfera.
Para saber máis podes entrar na web das Nacións Unidas
Se queres facer unha viaxe virtual polo fondo dos océanos vai, desde o seguinte enlace, á web de The Ocean Agency
E se queres coñecer as historias de 10 mulleres pioneiras na oceanografía, podes descargar estas historias picando enlace.
Bos e profundos días!
Ciencias Sociais. Recanto de Historia. A prehistoria
Enviado por Anónimo o Lun, 01/06/2020 - 09:42Esta semana faremos un repaso de historia, recordando aspectos da prehistoria e ampliando algunha información máis que seguro que nos resulta moi interesante.
Pica no link da presentación para acceder a ela. RECANTO DE HISTORIA. A PREHISTORIA.
REGLAS BÁSICAS DE ORTOGRAFÍA en Genially...
Enviado por Anónimo o Xov, 28/05/2020 - 12:57Ola benqueridos alumnos e alumnas!
Hoxe traémosvos un recurso xenial para repasar ortografía castelán.
A presentación chámase REGLAS BÁSICAS DE ORTOGRAFÍA e nela podemos repasar calquera dúbida que nos xurda á hora de escribir.
Espero que vos sexa moi útil!
Saúdos
O corpo humano e a saúde
Enviado por Anónimo o Mér, 20/05/2020 - 10:37Como andamos de ganas de repasar ciencias de natureza?
Percibo moito interese, polo que esta semana vamos a recordar contidos e a coñecer algunha que outra curiosidade sobre o corpo humano e a saúde. Este é un dos temas máis importantes de CCNN, coñecer o noso corpo e coidalo é imprescindible para alcanzar un desenvolvemento pleno a nivel físico e psicolóxico.
Deixovos a presentación en Genial.ly
A presentación ten audio, que xa se escoita automáticamente, ten varios vídeos e texto que podedes ler ao pasar o rato por arriba das imaxes ou pinchando nelas. Ide visualizando e facendo as actividades no caderno.
Tamén tedes vídeos e xogos de repaso no noso Symbaloo, no que vou engadindo cousiñas novas cada semana, que son de visualización voluntaria pero recomendable.
Por certo, ide descargando os vídeos e as fotos de clase nos enlaces, porque os vou a eliminar este mes para cambialos por enlaces novos.
Apertas virtuais,
Araceli
Palabras con tilde
Enviado por Anónimo o Lun, 11/05/2020 - 13:27Como escribir un correo correctamente
Enviado por Anónimo o Ven, 01/05/2020 - 21:29Ola,
estou detectando certas dificultades nalgunhas persoas para enviarme as tarefas ao meu correo electrónico (profearacastro@gmail.com)
Para intentar mellorar esta situación realicei un pequeno titorial que, espero sexa de utilidade
Como escribir un correo correctamente
Bo fin de semana!
Araceli