ANPA
SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DA ANPA
Enviado por Anónimo o Xov, 12/03/2020 - 20:39A continuación, suscríbese literalmente comunicado que nos fan chegar dende a ANPA ALÉN:
Estimadas familias:
En vista das últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para facer frente ao avance do Coronavirus.
Anulamos todas nosas actividades até novo aviso.
Esta decisión tomámola por responsabilidade e por prudencia.
Actuemos sen alarmismo, mais con responsabilidade. Aplicando as medidas que nos recomendan dende os organismos oficiais.
Un saúdo.
anpa ALÉN
VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS E CURSO DE SEGURIDADE VIAL
Enviado por delfin o Ven, 06/03/2020 - 12:35A anpa ALÉN vai levar ao alumnado (a partir dos 6 anos) a visitar ao Parque de Bombeiros o 6 de abril (a visita durará aproximadamente hora e media que será pola mañá nunha hora a determinar da cal informaremos en canto teñamos pechado)
A data límite para inscrición será o luns 16 de marzo e será de balde para todas e todas. (VER ANEXO para máis información)
Así mesmo, a anpa ALÉN tamén ofrece un curso de Seguridade Vial que será impartido pola Garda Civil no Pavillón Municipal de Corcubión para toda a Comunidade Escolar o día 20 de Marzo (Horario pola mañá a determinar, o curso dura aproximadamente 90 minutos)
A data límite para inscrición será o mércores 11 de marzo.(VER ANEXO para máis información)
VISITA DO APALPADOR O VINDEIRO XOVES, 19
Enviado por martinatrillo o Mar, 17/12/2019 - 17:54Grazas á mediación e organización da nosa ANPA Alén, o vindeiro xoves, 19 de decembro, recibiremos, tanto na Escola Infantil Municipal como no CEIP Praia de Quenxe, a visita do Apalpador, que traerá sorpresas para todas e todos e ao que poderemos entregar as cartas coas nosas peticións para este Nadal e o ano que entra.
Pola mañá irá pola Escola Infantil Municipal, arredor das 12:00h., e esperámolo no colexio para as 13:10h. aproximadamente. Tódalas crianzas do colexio o recibirán no ximnasio do colexio e lle darán as cartas coas súas peticións.
Tamén este xoves entregaremos os boletíns trimestrais.
Aproveitamos para lembrar que o venres deberedes traer ao festival as vosas tazas ou vasos reutilizables, para contribuir co propósito de residuo 0 que comezou este curso.
Moitas grazas a todos e todas, e un saúdo.
CONVOCATORIA DA ANPA ALÉN
Enviado por martinatrillo o Xov, 07/11/2019 - 18:04ANPA ALÉN
Ceip Praia de Quenxe
Estimados pais e nais:
Coa elección da nova directiva acabamos de iniciar outra etapa na ANPA ALÉN. a nosa intención é abrir un tempo novo no que, coa vosa colaboración, poidamos afrontar retos ilusionantes. Precisamos dunha ANPA forte para acometer melloras no día a día da comunidade escolar. Queremos contar con todos e todas para que xuntos poidamos lograr esos avances que, a bo seguro, redundarán nun beneficio común.
Por iso, convocámosvos a unha xuntanza o VINDEIRO MÉRCORES DÍA 13 para que sexades parte deste proxecto. Queremos coñecer as vosas inquietudes, pero tamén dar a coñecer os beneficios que terá o feito de pertencer á ANPA ALÉN. Sabedores dos problemas que moitos e moitas podedes ter para conciliar esta xuntanza coa vosa vida familiar e laboral, optamos por facer dúas convocatorias para que a maior cantidade posible de pais e nais esteades presentes.
As dúas citas serán:
Pola mañá na BIBLIOTECA DO COLEXIO ÁS 09:15h.
Pola tardiña na CASA DA CULTURA ás 20:15h.
Orde do día:
1. Presentación e aprobación da nova directiva e novos Estatutos.
2. Campaña de captación de novos socios da ANPA. Vantaxes do novo carné.
3. EStado de contas da entidade.
4. Obxectivos a conseguir neste curso escolar.
5. Rogos e preguntas.
Sen máis, recibide unha cordial aperta.
ANPA ALÉN
Corcubión, 8 de novembro de 2019
ANPA ALEN
Enviado por Anónimo o Xov, 07/11/2019 - 13:55A nova xunta directiva da ANPA ALEN está constituída polos seguintes cargos:
PRESIDENTA: Mª Jesús López Haz
VICEPRESIDENTE: Rubén Sánchez Galán
SECRETARIA: Sandra Raquel Andrade Lago
TESOUREIRA: Raquel Blanco García
VOGAIS: Alexandre López Romero
Xosé Henrique Rodríguez Portela
Susana González Santos
Francisco Xosé Hermida Abelleira
Polo San Martiño, peóns ao camiño
Enviado por martinatrillo o Mér, 06/11/2019 - 15:14Estimadas familias:
Peón, Buxaina, Trompo...
Diferentes nomes para un mesmo xogo.
A Anpa Alén, na súa teima por recuperar o xogo tradicional, vai celebrar un ano máis o "Día do Peón".
A idea é "prender a mecha" para que non se perda este tipo de xogos que xa se xogaban en tempos dos nosos avós, tataravós e máis alá.
Por eso pedimos que, este Mércores 13, o alumnado traia unha buxaina para xogar no recreo (esta Anpa entregará buxainas, como vén facendo até o de agora, ao alumnado novo).
Todas as familias estaredes invitadas a vir xogar cos vosos fillos/as. Para facelo, deberedes agardar ás horas do recreo, pola porta de acceso ao patio que está detrás do colexio (fronte ao polideportivo). Abriránsevos as portas para a entrada na hora dos dous recreos (o primeiro, ás 10:55h. e o segundo ás 12:55h.)
Saúdos e moitas grazas.
Anpa Alén