Educación física
UNHA VIAXE AO PASADO: Traballo de investigación (3º 4º 5º e 6º EP)
Enviado por Anónimo o Lun, 11/05/2020 - 11:44Esta proposta vai dirixida ao alumnado de 3º 4º 5º e 6º de educación primaria: viaxaremos ao pasado para coñecer os xogos que se practicaban no pasado. Este traballo de investigación poderedes facelo pouco a pouco nas próximas semanas, non hai data de entrega. Cando o teñades feito deberedes enviarmo por correo electrónico.
Adxúntovos os seguintes documentos:
- Instruccións do traballo de investigación
- Anexo 1: preguntas para realizar a entrevista (non teñen por que ser estas, podedes cambiar ou propoñer outras)
- Anexo 2 : Ficha dos xogos coa explicación correspondente para realizala de maneira correcta.
- Exemplo dun xogo recollido na ficha.
Calquera dúbida contactade conmigo.
Moito ánimo!
UNHA VIAXE AO PASADO: Traballo de investigación (1º e 2º EP)
Enviado por Anónimo o Lun, 11/05/2020 - 11:27Ola! Esta proposta vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria: imos a facer unha pequena viaxe ao pasado e coñecer todos aqueles xogos que se practicaban fai anos. Aquí vos deixo axuntado as instruccións para levar a cabo este pequeno traballo de investigación. Podedes ir facendo pouco a pouco nas próximas semanas, e ir enviándome as tarefas ao correo electrónico, non hai data de entrega.
Calquera dúbida contactade conmigo.
Moito ánimo!
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (Conceptos básicos)
Enviado por Anónimo o Dom, 10/05/2020 - 20:20Ola! A partir de agora imos a introducir un tema novo "Xogos populares e tradicionais", así que antes de realizar o traballo de investigación que vos propoñerei, recoméndovos que leades o documento adxunto para comprender o contido que traballaremos nas próximas semanas. É sinxelo así que espero que non teñades dificultades pero calquera dúbida podedes contactar conmigo a través do meu correo electrónico.
Recomendacións para seguir movendo o corpo na casa
Enviado por Anónimo o Dom, 19/04/2020 - 22:48Seguimos movendo o corpo na casa e facendo exercicio físico polo que vos adxunto as seguintes recomendacións para que podades levalas a cabo nos próximos días.
Moito ánimo a tod@s!
Proposta Educación Física : Move o corpo na casa!
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 11:39Aquí vos deixo unha proposta de retos para esta semana. O panel co fondo de cor verde sería para primeiro e segundo de educación primaria, o panel de cor azul sería para terceiro e cuarto de educación primaria e, por último, o panel co fondo rosa sería para quinto e sexto de educación primaria.
Espero que consigades superalos todos!
Calquera dúbida ou comentario podedes contactar conmigo mediante o correo electrónico : laura.teijeiro@edu.xunta.es