4º MARTES. 4º EXPERIMENTO

Bo día!!

Como cada martes, un experimento. Neste caso a miña proposta é facer MASA DE SAL, que despois poderedes utilizar para crear as vosas figuras, pintalas....

Que vos parece?

 

MATERIAIS

  • 2 medidas (vaso) de fariña
  • 1 medida de sal fina
  • 1 medida de auga quente
  • Colorante

PASOS

  1. Mesturar fariña e sal
  2. Engadir a auga quente pouco a pouco
  3. Amasar ben ata que deixe de estar pegañento. Se se nos pega moito, engadimos un pouquiño máis de fariña e sal a partes iguais.
  4. A masa ten que quedar con este aspecto:

Agora que está lista podedes facer todo tipo de figuras con ela

OUTRAS OPCIÓNS

-Podedes reutilizar a vosa masa gardándoa no frigorífico dentro dun recipiente pechado

-Conservar as nosas creacións introducíndoas no forno a 100º durante uns minutiños. Canto máis grosas sexan, máis tempo de forno precisan. Unha vez secas, podedes pintalas.

Se vos animades podedes mandarme as vosas creacións ao meu enderezo electrónico.

Un saudiño