3º MARTES. 3º EXPERIMENTO

Bo día a todo@s!

Para hoxe teño unha proposta de experimento que me encantou!!!!

Que vos parece se metemos un anaco do espazo nun frasco? Para iso crearemos unha nebulosa. E diredes....pero iso que é? Pois é unha nube de gas e pó que hai no espazo.

 

Só precisamos:

-1 frasco de vidro. Tamén podedes empregar algunha botella que teñades baleira. Iso si, hai que pechala ben forte para que non se nos vaia evaporando.

-Outro recipiente para ir facendo as mesturas

-Auga

-Colorante alimentario ou témperas

-Algodón

-Purpurina

Agora atent@s ao vídeo:

Tamén podedes empregalos como botes da calma. Se estamos enfadados, axitamos o bote e ver como se move a purpurina relaxa moito.

Se queredes podedes enviarme as vosas creacións ao meu enderezo electrónico.

Desfrutade co experimento.

Biquiños