TUTTI FRUTTI

Hai xogos que permanecen no tempo aínda que pasen os anos. O tutti frutti é un deles. 

Cando eu era cativa xa xogabamos na escola e hoxe en día é un recurso co que podemos traballar a velocidade de pensamento, vocabulario sobre diferentes temáticas, memoria, atención e concentración.

No arquivo adxunto atoparedes un documento cunha táboa e algún exemplo para completar. Ademais na segunda páxina do mesmo documento hai 6 cartas con exemplos de diferentes temáticas que incluso podedes combinar entre si. Tamén podedes poñer outras temáticas diferentes.

 

Quen comece o xogo pronunciará a letra “A” en voz alta, e seguirá co abecedario en voz baixa. A persoa sentada á súa dereita diralle “XA” para que diga a letra á que chegou. Con esa letra hai que completar cada unha das columnas.

 

O primeiro que remate dirá “TUTTI FRUTTI”, contará ata 20 e unha vez finalizado o tempo comprobaranse as diferentes respostas.

As puntuacións a cada resposta son as seguintes:

  • Se cada persoa ten unha resposta direrente, en cada casilla= 10 puntos
  • As persoas que teñan as mesmas respostas= 5 puntos para cada unha
  • Se a casilla está baleira= 0 puntos
  • Se unha persoa ten resposta e o resto dos participantes non= 20 puntos

A sumar puntos!!!!

 

AdxuntoTamaño
JUEGO-TUTTI-FRUTTI.pdf400.81 KB