Outras propostas PT

Memory caseiro

Apetécevos crear o voso propio xogo de memory?

Só precisades:

  • Folios ou cartolinas
  • Tesoiras
  • Regra para facer os cadros
  • Lapis ou cores

 Pasos para facelo:

  1. Divide o folio ou cartolina en tantos cadros como imaxes queiras crear. Podes botar man dunha regra.
  2. Recorta cada cadro.
  3. Colle dous cadros e escribe ou debuxa o mesmo nas dúas pezas. Podes debuxar figuras xeométricas de diferentes cores ou escribir números, letras, sílabas ou palabras.
  4. Fai o mesmo co resto das pezas. Temos que crear parellas de pezas que sexan iguais.
  5. Colócaas boca abaixo e revólveas.
  6. Agora cada participante por quendas, ten que levantar dúas pezas. Se son iguais podes collelas. Se son diferentes tes que deixalas no mesmo sitio boca abaixo.

Aquí vos deixo outra idea para facer un memory caseiro.

https://www.youtube.com/watch?v=edddddvYiZY

Agora só queda xogar e estar atento a cando os demais levantan as pezas e memorizar onde quedan colocadas.

 

Saudiños

Memory online

Aquí vos deixo estes grupos de atividades de ordear obxectos.

O xogo consiste en memorizar a posición de cada obxecto dentro dos recadros ou de cada casiña, pero ollo!! só dispoñedes de 8 segundos.

Hai varios niveis e cada vez que acertas un a cousa vaise complicando pouco a pouco. 

 

SOPA DE LETRAS. Para 1º e 2º

As sopas de letras son un bo recurso para traballar diferentes habilidades como a atención, orientación espacial, vocabulario relacionado con diferentes temáticas...

Aquí vos deixo este enlace para que pasedes un bo rato.

 

Algunhas veces cando accedemos a algún recurso web, pode que nos apareza esta imaxe:

Non vos preocupedes. Clicades na peza que aparece no medio e arriba á dereita  sae ese recadriño. Se lle damos a permitir xa nos facilita o acceso ás actividades.

Saudiños

 

Máis ideas de XOGOS

 

 

Seguro que nestes días xa levades feito un montón de actividades xuntos.

Aquí vos deixo varias propostas para os vindeiros 15 días.

Xa me contaredes cales foron algunhas das vosas creacións.

Moitos bicos para todo/as.

 

 

1.    BÚSQUEDA DO TESOURO. Este xogo consiste en esconder un obxecto en calquera parte da casa (debuxaremos un plano da casa nun papel). A persoa que escondera o obxecto comezará a dar pistas para que os demais poidan descubrir onde está o tesouro. O plano servirá para marcar os espazos da casa nos que xa se buscou.

 

2.    XOGO DE MÍMICA. Con este xogo podedes pensar sobre a temática (oficios, animais, nomes de películas...). Facede un listado para cada idea, metede cada unha delas nunha caixa e ide un a un collendo o que vos toca representar.

 

Que se che da mellor, facer os xestos ou adiviñar?

 

 

3.    TÍTERES CON MEDIAS. Crea o teu propio títere buscando botóns que fagan de ollos, fíos de beizos...o que se vos ocorra.

 

 

 

 

 

4.    SOMBRAS CHINAS. Só precisas unha lanterna ou lámpada e unha parede. Aquí vos deixo un enlace con algunhas ideas.

 

https://www.youtube.com/watch?v=FUgcj4sGOfQ

 

5.    TARDE DE DISFRACES. Aproveita todo o material e roupa que tes pola casa e crea disfraces orixinais. Pasaredes unha tarde xenial.

 

6.    COCIÑA EN FAMILIA. Algunhas ideas https://okdiario.com/recetas/recetas-divertidas-ninos-3181530

 

7.    TARDE DE KARAOKE

 

https://www.youtube.com/watch?v=CSuuniuHGPo&list=PLkfv0YNz_eismgkkCMFIQgMGmMu_qQ2h7

 

8.    GYMKANA CASEIRA. Crea casillas no chan coa axuda de cintas de cores, coloca unha cadeira aquí e outra alá, interpón obstáculos no seu camiño. Podedes incluso ir poñendo máis nivel de dificultade: moverse nas liñas cunha bandexa na man, cargado con obxectos (unha mazá) e manter o equilibrio, ou incluso cos ollos pechados.

 

9.     CONCURSO DE CHISTES

 

https://www.conmishijos.com/ninos/ninos-ocio/chistes-de-animales-para-ninos.html

 

https://www.conmishijos.com/ninos/ninos-ocio/chistes-de-varios-temas-para-ninos.html

 

10.    MARATÓN DE CINE

 

11.    ORIGAMI

 

https://www.youtube.com/results?search_query=origami+facil+para+ni%C3%B1os

 

 

12.    ALGÚN EXPERIMENTO CON GLOBOS

https://www.youtube.com/watch?v=9CB48bTTkmU&t=4s

 

https://www.youtube.com/watch?v=PaNbLawDPSw

 

 

13.    ALGÚN EXPERIMENTO CON AUGA

 

https://www.youtube.com/watch?v=xnwAw86SIgA

 

14.    TRUCOS DE MAXIA

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=a2uDdt7UR_E

 

15.    MANUALIDADES

 

https://www.pequeocio.com/manualidades-faciles-para-ninos/?fbclid=IwAR2X_nZVuSbnC5zFoEL4rarcR3StTT34oiiJd74636lU7vj6ElKmAO7JbYk#Manualidades_faciles_para_ninos_por_materiales

 

 

 

Algún que outro xogo

 

 

Un conto cada día

Distribuir contido