Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO

SAMAÍN E MAGOSTO 2020-2021

        

Estimadas familias:

 Como xa imaxinaredes, este ano non imos poder facer as celebracións das festas do Samaín e o Magosto da maneira que todos desexaríamos, pero, a saúde é prioritaria nestes intres.

 Non por iso imos deixar de conmemorar e gozar destas datas e para que todos poidamos participar e ao mesmo tempo pasalo ben e aprender, o colexio e a ANPA propóñenvos as seguintes actividades, todas elas de carácter voluntario, para toda a familia:

 

-          RECEITARIO DE OUTONO: Que os alumnos e alumnas traian escrita en galego a clase, unha receita propia do outono, especialmente as que sexan típicas dos días de Defuntos ou de Todos os Santos ou tamén aquelas que están feitas a base de castañas.

 

-          AS CABAZAS VIRTUAIS: Decorar unha cabaza na casa e enviar unha fotografía da mesma, indicando o nome e o curso ao seguinte enderezo de correo: samain.ceip.practicas@gmail.com

Todas as fotografías que mandedes iranse publicando durante a próxima semana na páxina web do centro nun apartado específico sobre o Samaín.

 

-          DISFRAZADOS AO COLEXIO: O venres 30, os alumnos e alumnas que o desexen poderán vir disfrazados ao colexio, se ben, non se poderán traer obxectos e complementos que se leven soltos na man e que poidan ser intercambiados (espadas, cabazas, lanzas, etc).

 Grazas a todos e todas pola vosa colaboración. 

    



story | by Dr. Radut