Informámoslles de que queda aberto o prazo para a presentación da solicitude de participación no
Fondo Solidario de Libros (3º e 4º de Educ. Primaria), Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de
Educ. Primaria e en educación especial) e Axudas para adquirir material escolar (Educ. Primaria).
No curso 2023/2024 5º e 6º de Educ. Primaria estará incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL)
polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto, non obstante, poderán
solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na ORDE do 10
de maio de 2023.
A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro e estará dispoñible na páxina
web do colexio, no portal educativo da Xunta de Galicia e na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de
procedemento ED330B).
O prazo para presentar a solicitude rematará o 21 de xuño de 2023 (este incluído).
Forma de presentación.
Ademais da presentación presencial no centro (horario 9:00 — 14:00), igual que no curso anterior,
poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros e, unha vez que teñan cubertos todos os datos, deberán
gardala, obtendo así o número de solicitude. Posteriormente poderán optar polas seguintes formas de
presentación:
Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no
centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.
Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Anexo | Tamaño |
---|---|
NOTA INFORMATIVA.pdf | 150.87 KB |