Educación Infantil

Achégase proposta de actividades de Relixión.

Aquí tedes o vídeo con todas as recreacións dos cadros, esperamos que vos gusten porque ás mestras e mestres encantounos! Sodes uns artistas!

Moitas grazas a todos/as por participar.

Ola familias!

O reto desta semana chámase "maios creativos" cuxo resultado final é a creación do teu propio maio. Para a súa elaboración propoñemos unha serie de actividades previas coas que ir traballando todas as áreas de Educación Infantil.

A data límite de recepción dos correos é o sábado 9 de maio.

Tamén vos adxuntamos máis actividades da linguaxe propostas pola mestra de Audición e Linguaxe.

Esperamos que o pasedes moi ben creando o voso maio.

Unha aperta,

o equipo de Educación Infantil.

Familias!

Que vos parece se a semana que vén nos vemos todos e todas, a través dunha videoconferencia? Para vernos, contarnos cousas e botar un ratiño xuntos/as.

Para iso, tedes que descargar un programa que facilitou a Xunta(Cisco Webex) da que tedes toda a información na páxina web do cole.

Para a semana que vén, xa vos avisamos por Abalar Móbil do día, a hora e a dirección na que tedes que unirvos, para poder acceder á plataforma. Se alguén ten problemas para entrar en Abalar Móbil que escriba ao correo electrónico da súa titora para enviarlle esta información.

Esperamos vervos a todos e a todas.

Saúdos

Ola familias!

Deixámosvos a continuación o seguinte reto proposto dende o ciclo de Educación Infantil, neste caso relacionado co Día do Libro. Podedes participar ata o vindeiro venres 24 de abril.

Tamén vos adxuntamos máis propostas de actividades e xogos para o desenvolvemento da linguaxe que nos preparou a mestra de Audición e Linguaxe.

Unha aperta!

Ola familias!

Esta vez propoñémosvos un RETO: ensinádesnos os vosos contos favoritos?

Deixámosvos aquí unhas pautas para facelo.

Un saúdo.

Ola familias!

Continuamos coas propostas de actividades para Educación Infantil. Neste caso, deixámosvos tres documentos nos que podedes atopar actividades xerais para infantil así como recomendacións feitas pola mestra de Audición e Linguaxe e o mestre de Inglés.

Esperamos que vos sexan de utilidade.

Un saúdo e moito ánimo!

Ola familias!

Continuando co material de infantil, o profe Sergio elaborou unha lista de Youtube con moitas cancións en inglés que están aprendendo os nenos e nenas. 

 https://www.youtube.com/playlist?list=PLCf0frlLEZYcKD33BTBNPmButidndBpRy

LET´S SING!

Ola familias,

Debido á suspensión de clases provocada pola pandemia COVID-19, dende o equipo de Educación Infantil decidimos darvos unha serie de pautas e recomendacións para levar a cabo cos nenos e nenas dende o fogar. Estas veñen recollidas no documento que adxuntamos a continuación.

Esperamos volver axiña á normalidade e vervos moi pronto, mentres tanto disfrutade moito do tempo en familia.

Un saúdo e moito ánimo!

O equipo de Educación Infantil.

Distribuir contido