4º curso EI

PABLO

PABLO LEVOU ESTA FIN DE SEMANA O LIBRO DE OLA CHÁMOME !!!.E VEU CARGADIÑO DE FOTOS PRESENTOUNOS A SÚA FAMILIA ;AOS SEUS PAIS DANI E EVA,CURMÁNS,AVÓS...ENCANTOUNOS VER QUE É UN ESPECIALISTA TOCANDO INSTRUMENTOS E O BEN QUE O PASA COS SEUS AMIGOS E DE VACACIÓNS.NON PODEMOS ESQUECERNOS DAS FOTOS TAN DIVERTIDAS E QUE TANTO RIMOS.A QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI A DA CULLER PEGADA NO NARIZ.MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

ATA SEMPRE

NESTA PRESENTACIÓN TEMOS MOITOS MOMENTOS QUE COMPARTIMOS E VIVIMOS CO NOSO COMPI IKER DENDE O COMEZO DO COLE.

ESPERÁMOSTE,VOLVE PRONTO!!

UNHA MOREA DE BICOS DOS TEUS COMPIS DE PONTE DE XUVIA.

IKER

ESTA SEMANA ESTAMOS UN POUCO TRISTES POIS O NOSO COMPI IKER CAMBIA DE COLE E MARCHA A VIVIR A OUTRA CIDADE.QUERIAMOS DESPEDILO COMO SE MERECE E FIXEMOS UNHA FESTA CON CHUCHES,MÚSICA E CON MOITO BAILE.LEVOU UN LIBRO DE AGASALLO PARA QUE NOS RECORDE CADA VEZ QUE O VEXA.IMOS BOTAR DE MENOS AO NOSO COMPI E QUEDOU DE VOLTAR DE VISITA.ASÍ QUE ESTAMOS DESEXANDO QUE VEÑA.UNHA APERTA IKER E MOITA SORTE.

LOIS,UXIA,MARTA E ANXO VISITAN A CLASE DE 3 ANOS

O XOVES TIVEMOS A VISITA DA FAMILIA DE LOIS E NON FALTOU NINGUÉN MARTA, ANXO E UXÍA.CONTÁRONNOS UN DOS NOSOS CONTOS FAVORITOS "CORRE,CORRE CABACIÑA" E CADA PERSONAXE ESTABA INTERPRETADO POR UN MEMBRO DA FAMILIA,ANXO FIXO DE AVOIÑA,UXIA DE OSO E LOBO,MARTA FOI A NARRADORA E O NOSO COMPI LOIS FIXO DUN TERRIBLE E FAMENTO LEÓN QUE QUERÍA PAPAR A POBRE VELLIÑA.CADA PERSONAXE LEVABA A SÚA CARETA.COMO PODEDES VER NON FALTABA DETALLE.DESPOIS FIXEMOS CABACIÑAS DE MOITAS FORMAS COA PLASTI QUE NOS TROUXO A FAMILIA.MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA O PASAMOS XENIAL ESPERO QUE VÓS TAMÉN VOS DIVERTIRADES TANTO COMA NÓS.

XABIER CÓNTANOS A SÚA HISTORIA

ESTA SEMANA COÑECIMOS UN POUCO MÁIS AO NOSO COMPI XABIER.PRESENTOUNOS A SÚA FAMILIA E COÑECIMOS ANTÍA,A SÚA IRMÁ QUE É MOI PEQUERRECHIÑA.TAMÉN POIDEMOS VER O BEN QUE RECOLLE AMORODOS NA HORTA DOS SEUS AVÓS PERO O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI A SÚA AUTOCARAVANA E O BEN QUE O PASAN VIAXANDO DUN LUGAR PARA OUTRO. MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.ESTANOS QUEDANDO PRECIOSO O NOSO LIBRO DE "OLA CHÁMOME!".HOXE O LIBRO VIAXA Á CASA DE PABLO,QUÉ HISTORIA NOS CONTARÁ?.

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

COMEZAMOS O ANO FESTEXANDO O ANIVERSARIO DE VERA E IKER QUE XA CUMPRIRON 4 ANOS.POR FIN POIDEMOS CELEBRAR A FESTA DESPOIS DE VARIAS CANCELACIÓNS POR TOS,FEBRE,...BUENO COUSAS DO INVERNO.PERO CHEGOU O DÍA QUE TODOS E TODAS ESTABAMOS ESPERANDO PREPARAR  AS COROAS,O LIBRO DOS COMPIS,AS CHUCHES,...E O PASAMOS XENIAL.MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA AXUDA E COLABORACIÓN.UNHA APERTA PARA OS CUMPLEAÑEIROS!!!!.

JACOBO CÓNTANOS O CONTO DE COCORICO

JACOBO,O PAI DE XULIA,VEU A CONTARNOS O CONTO UN DOS CONTOS FAVORITOS DE XULIA "COCORICO".ENCANTOUNOS POIS COÑECIAMOS A CANCIÓN QUE A ESCOITAMOS CADA DÍA XA FORMA PARTE DA BANDA SONORA DA CLASE.JACOBO TROUXO UN DEBUXO DE COCORICO QUE PINTAMOS DE MOITAS CORES ALGÚN ESCONDEUNO BAIXO AS CORES PARA QUE GATO PELADO NON O ATOPARA.MOITAS GRAZAS JACOBO POLA TÚA VISITA FOI UN PRACER.

OLA CHÁMOME

ESTA SEMANA XULIA PRESENTOUNOS A SÚA FAMILIA,QUE ACTIVIDADES LLE GUSTA FACER QUE POR CERTO SON UN MONTÓN,XOGAR COAS CURMÁS, BUSCAR COGUMELOS,BAILAR,CANTAR,...NON PARA A NOSA XULIA E ATA TEN UNHA FOTO CON UXIA A CANTANTE DA BANDA "UXIA LAMBONA E A SÚA BANDA MOLONA".MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA APORTACIÓN AGORA XA COÑECEMOS UN POCO MÁIS A NOSA COMPI.UNHA APERTA.

INVESTIGADORES DE NOMES

ONDE ESTARÁ O MEU NOME CONVERTÍMONOS EN DETECTIVES E A NOSA MISIÓN ERA ATOPAR A TARXETA CO NOSO NOME NO MEDIO DE TODAS AS TARXETAS COS NOMES DOS NOSOS COMPAÑEIROS.PASÁMOLO MOI BEN E ENCANTOUNOS POIS BUSCAR O NOSO NOME MOLA.

ACTIVIDADES DURANTE A SEMANA

SOMOS OS PEQUES DO COLE PERO NON PARAMOS DE TRABALLAR E DE FACER UN MONTÓN DE COUSAS.ESTA SEMANA XOGAMOS CO QUEBRACABEZAS DOS NÚMEROS QUE NOS DEIXARON OS REIS.SALTAMOS AO CASILLEIRO DO NÚMERO QUE NOS DICÍA A PROFE,CONTAMOS CARA A DIANTE,CARA A ATRÁS.PUXEMOS O NÚMERO DE POMPÓNS QUE NOS INDICABA O OCO.FIXEMOS FORMAS SEUNDO O MODELO COS PALIÑOS DOS XEADOS.SOPRAMOS CON PALLIÑAS OS POMPÓNS E SAÍAN VOANDO.MIRADE O VIDEO E VEDE O BEN QUE O PASAMOS.

Distribuir contido