3º curso

Concerto de Chuches Amil "Un conto ao revés"

Ademais de teatro tamén tivemos un estupendo concerto no colexio. Nesta ocasión quen nos visitou foi o grupo musical infantil Chuches Amil, que nos deron un fabuloso concerto do seu disco "Un conto ao revés", moi recomendable para nenos e nenas de todas as idades.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo deste divertido concerto.

Teatro "A fuga" de Carmen Blanco

A autora Carmen Blanco e unha actriz viñeron á escola a representarnos a obra de teatro escrita pola primeira "A fuga", unha divertida obra na que un esquío e un hamster son os protagonistas. Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo desta interesantísima obra.

Ruta de sendeirismo polo río Xuvia

Como parte do proxecto de investigación do río Xuvia, unha das principais actividades que fixemos foi unha ruta de sendeirismo para visitar o río cos monitores de Aldeanova, os cales fixeron un excelente traballo á hora de explicarnos todo o que iamos atopando no noso camiño. Premendo na imaxe veredes un vídeo dalgunhas das cousas que aconteceron ese día.

Festival Intercentros: "Dez piratas" de Gloria Sánchez

Este ano participamos no Festival Intercentros interpretando a obra de teatro "Dez piratas" de Gloria Sánchez. Ensaiamos moito e levounos moito tempo chegar a sabela e interpretala ben pero o fixemos de marabilla e isto conlevou que gañaramos o 1º premio do Festival!!!

Premendo na primeira imaxe veredes a nosa actuación e, na segunda, veredes a entrega do noso premio e doutros premios que levou o centro.

Entroido

Este curso polo Entroido nos vestimos de Deportes Olímpicos e nós decidimos ir de iudokas!!! A verdade é que foi moi divertido e o pasamos xenial xunto aos outros nenos e nenas da escola. Premendo na imaxe poderedes ver un vídeo dalgunhas das cousas que aconteceron durante o festival.

Día da Paz

Este curso, polo Día da Paz, estudiamos a figura de Malala, unha rapaza defensora da educación que loitou moito porque as nenas do seu país puidesen ir á escola. Ademais, cantamos a canción de Mercedes Peón titulada Paralá e nós fixemos unha actuación con vasos acompañando a todos os nosos compañeiros e compañeiras da escola. Premendo nas imaxes poderedes ver os ensaios da actuación e o que aconteceu o Día da paz.

ENSAIOS PREVIOS

 

ACTUACIÓN DO DÍA DA PAZ

Festival de Nadal

E por fin chegou o Nadal!! Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria representamos a famosa canción "Under the sea" da película "La sirenita" e, como sempre, tamén entregaron ó premio á postal de Nadal, que este ano gañou Irene, os premios da ANPA, Uxía tivo a sorte de gañar un, e houbo visita de Papá Noel, ademais de poder disfrutar coas actuacións de todos os nosos compañeiros e compañeiras.

Premendo nas imaxes poderedes ver vídeos do acontecido este día e tamén un vídeo cos nosos ensaios da actuación. Agardamos que vos guste!!

ENSAIOS

ACTUACIÓN "UNDER THE SEA"

VISITA DE PAPÁ NOEL

CONCURSO POSTAIS

 SORTEO DA ANPA

Aniversarios 1º Trimestre

No mes de decembro festexamos os aniversarios do 1º trimestre. Nesta ocasión festexamos os aniversarios de Irene, Emma, Lucas, Lucía, Sara González, Adrián Carreira, Xoan David e Andrés. Foi moi divertido e, como sempre, tocou xogar, bailar e disfrutar.

Premendo na imaxe podedes ver o vídeo do acontecido ese día.

Visita a Afundación - Exposición de Isidoro Brocos

Antes do Nadal visitamos a exposición de Isidoro Brocos en Afundación en Ferrol. Este autor foi moi importante xa que foi o mestre de Picasso e un grande representante do arte galego. Ademais, como facía moito soliño, aproveitamos o día para saír xogar e visitar un pouco a cidade nestas datas.

Premendo nas imaxes veredes varios vídeos e unha presentación do acontecido este día.

 

 

As nosas postais para o concurso de Nadal

Tamén como todos os anos realizamos con moito esforzo e agarimo as nosas postais para o concurso que se celebra no festival de Nadal da escola. A nosa gañadora este ano foi IRENE!!!!

Premendo na imaxe veredes unha pequena presentación coas nosas postais e premendo na imaxe de irene veredes a entrega de premios do festival de Nadal.

Distribuir contido