3º curso

Saída á Casa do Mel de Goente

E voltamos de excursión!! Como parte do noso proxecto de alimentación, esta vez decidimos ir ata a Casa do mel de Goente xa que este produto é importantísimo para a nosa saúde e queriamos coñecer de primeira man a importancia tan grande que estes animais supoñen para a nosa contorna.

Fixemos unha morea de actividades como facer candeas coa cera das abellas, facer fotos nun photocall moi divertido, probar o traxe do apicultor, ver unha colmea por dentro, ver vídeos da vida das abellas e probar o mel. Que rico estaba!!

SAMAÍN 2018

Outro ano máis, no colexio celebramos o Samaín como ven sendo tradicional dende hai varios anos. Mais este ano, ademais de disfrazarnos e facer cousiñas de medo, traballamos a canción de "Corre, corre cabaciña" e preparamos un baile para festexar este día. Foi moi divertido e, coma sempre, o pasamos xenial. Ademais viñeron de gazapo a axudarnos a facer as cabazas. Premendo nas imaxes veredes os vídeo destas actividades.

Teatro: A nena e o grilo máis aló

A primeira saída do curso foi ao teatro a ver a obra "A nena e o grilo máis aló", unha marabilla de teatro Ghazafelhos coa colaboración musical do grande Magín Blanco.

Foi unha obra fermosísima coa que disfrutamos moito, aínda que a algúns de nós a temática nos puxo os pelos de punta hehehe.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta obra.

Obradoiros do ANPA curso 2018 - 19

Benvidos a un novo curso no CEIP Ponte de Xuvia!!

Coezamos o curso con moita enerxía e moitas ganas de aprender e, para dar un bo comezo ao curso, a xente do ANPA convidounos a participar nos seus obradoiros máis interesantes, os cales estaban dirixidos aos seguintes temas:

Animación á lectura

Cociña

Creatividade

Premendo en cada imaxe poderedes ver un vídeo de cada unha delas.

Agardamos que vos gusten tanto coma a nós.

Festival de fin de curso

Xa rematou o curso e os pais e nais da ANPA organizaron unha estupenda festa na que o pasamos pipa e puidemos disfrutar xogando xuntos antes das tan ansiadas vacacións de verán. Houbo xogos, merenda, música, baile e, sobre todo, moita diversión. Premendo na imaxe veredes un vídeo desta festa.

Agardamos que o próximo curso sexa polo menos tan interesante e divertido como este. Ata setembro!!!

Aniversarios do verán

Para ir rematando o curso celebramos os aniversarios dos que cumpren no verán e fixemos unha estupenda festa no parque que durou dous días!! Nesta ocasión o aniversario foi de Vania, Sara Gil, Christian, Adrián Felices, Miguel e Uxía.

Premendo na imaxe veredes un vídeo desta estupenda festa.

Ponlle as pilas ao teu bocata

De novo este curso tivemos a actividade de "Ponlle as pilas ao teu bocata", na que nos convidan a uns bocadillos e nós escollemos os ingredientes que queremos que leve, normalmente son a base de produtos do mar, vexetais e queixo.

Premendo na imaxe veredes un pouco desta actividade.

Visita ao Castelo de San Felipe

Como parte do proxecto de investigación do río Xuvia e para comprender unha parte histórica da nosa ría moi interesante, visitamos o Castelo de San Felipe e, alí, a aguadora e o capitán do castelo nos contaron unha morea de cousas interesantísimos e nos fixeron un xogo de busca do tesouro moi divertido.

Premendo na imaxe veredes un vídeo desta marabillosa saída.

Paula Carballeira "Casas"

Como actividade de animación á lectura porposta pola biblioteca, este curso tivemos o pracer de contar con Paula Carballeira, unha escritora excelente e gran contadora de contos que nos fixo rir ás gargalladas e pasar un momento estupendo.

Premendo na imaxe veredes unha pequena parte da súa visita.

Aniversarios do 2º trimestre

Aínda que un pouco tarde, no mes de maio celebramos os aniversarios de Noa, Alejandro, Esther, Iker, Eric e Carlos. Fixemos unha estupenda festa e pasámolo xenial. Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo desta festa.

Distribuir contido