3º curso

Día da Paz : Contos e Don Melitón

Este ano, polo Día da Paz, fixemos varias actividades. Por un lado, fomos á clase dos pequenos da escola a contarlles contos de paz e non violencia. LLes contamos os contos de "Negro e Branco" e "Orellas de Bolboreta" e, ademais, cantamos con todo o cole a canción "Don Melitón".

Agardamos que vos guste. Premendo na imaxe veredes o vídeo destas actividades.

Visita á DOMUS na Coruña

A primeira saída do ano 2019 levounos ata a DOMUS na Coruña. Primeiro vimos unha curtas relacionadas co medio ambiente, a importancia da ciencia... e, despois, disfrutamos moito percorrendo as salas do museo e xogando con todo o que nos atopábamos polo camiño.

Pasámolo xenial!!

 

Carreira de cross - Xogade

Para comezar ben o ano, xunto con outros coles da zona participamos nunha carreira de cross en Pedroso organizada por XOGADE.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo da actividade.

Festival de Nadal

E por fin chegou o festival de Nadal!!! Este ano preparamos unha bonita canción de Mamá Cabra chamada Tres reis en bicicleta na que os Reis Magos collen por primeira vez unha bicicleta e lles suceden unha morea de cousas, igualiño que a nós que tamén nos pasou de todo no escenario hehehe.

Nas imaxes de abaixo veredes un vídeo cos ensaios e outro co que aconteceu no festival, que estivo cargado de risas, agasallos e moitísima diversión.

Visita do apalpador

Este ano por primeira vez, tivemos o enorme pracer de recibir ao Apalpador na nosa escola. Viu o día antes porque ten moito traballo pero disfrutamos moito das súas historias e deunos un bonito agasallo para cada aula.

Ademais puidemos coñecer máis a este importante personaxe galego que agardamos volte moitas máis veces polo Nadal.

Coma sempre, premendo na imaxe veredes un vídeo da súa visita.

Visita do apalpador

Este ano por primeira vez, tivemos o enorme pracer de recibir ao Apalpador na nosa escola. Viu o día antes porque ten moito traballo pero disfrutamos moito das súas historias e deunos un bonito agasallo para cada aula.

Ademais puidemos coñecer máis a este importante personaxe galego que agardamos volte moitas máis veces polo Nadal.

Coma sempre, premendo na imaxe veredes un vídeo da súa visita.

Aniversarios do primeiro trimestre

O día antes das vacacións de Nadal celebramos os aniversarios do primeiro trimestre. Xa íamos tendo moitísimas ganas de facer unha festa e unha boa comilona na clase!! Nos puxemos as botas e, sobre todo, divertímonos, bailamos e xogamos moito. Facer festas na clase sempre é divertidísimo.

Premendo na imaxe veredes un vídeo deste bonito día.

Belén do colexio

E por fin está a piques de chegar o Nadal e, como todos os anos, facemos entre todo Primaria un pequeno Belén na escola. Este ano, para variar con respecto a outros e fomentar a reutilización dos residuos, fixemos casas e árbores con cartóns de leite e rolos de papel. Quedáronnos unhas casiñas e árbores ben chulos.

Premede na imaxe para ver o vídeo desta actividade.

Carteámonos co colexio de Piñeiros

Este ano, case chegando ao Nadal, chegounos unha sorpresa á clase da man de Silvia, a mestra de Audición e linguaxe do cole que tamén traballa no cole de Piñeiros. Traíanos unha carta dos nenos e nenas de 3º de Piñeiros na que nos contaban quenes eran, o que lles gustaba facer e invitándonos a coñecernos máis e, incluso a facer algunha actividade conxunta.

Magosto 2018

Chegan as castañas e con elas o Magosto!! A grande festa das castañas que sempre vai acompañada de xogos populares e unha boa enchente de castañas. Como este ano estamos inmersos nun proxecto chamado "On your bike", as bicicletas non podían faltar nesta actividade.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo de todo o que aconteceu este día.

Distribuir contido