3º curso

14 días, 14 retos: proposta dende educación física

Aquí vos deixo uns retos para facer na casa. Agardo que vos gusten!!

Traballo de inglés: semana do 18 ao 24 de maio - 3º primaria

Aquí vos deixo as actividades de inglés para esta semana

 

Traballo para a semana do 18 ao 24 de maio - TITORÍA

Este é o traballo para a semana do 18 ao 24 de maio.

 

Retos para divertirnos durante o confinamento

Durante este confinamento temos moito tempo para xogar e divertirnos así que decidimos retarnos uns aos outros. Primeiro Lucas retounos a meter a cara nun prato de fariña; despois Oliver nos retou a meter peluches nun cesto e, para rematar, Emma nos retou a comer limón sen poñer cara de asco e a profe Ana a Poñer rolos de papel hixiénico en fila sen que nos caian...

Aquí vos deixamos os retos da fariña e dos peluches para que vos animedes a facelos!!

Actividades Letras Galegas - 3º EP

Nos seguintes arquivos atoparedes as actividades a realizar durante esta semana, a cal adicaremos a traballar as Letras Galegas. Este ano o homenaxeado é Carvalho Calero, escritor ferrolá que, ademais, é tío avó de dous compañeiros da escola: Hansy e Nacho.

Así que agardamos que disfrutedes das actividades propostas e que aprendades moito deste grande home: CARVALHO CALERO.

CONSTRÚE A TÚA PROPIA MÚSICA

Ola! Esta semana recoméndovos este sitio, onde podedes crear a vosa propia música e aprender conceptos interesantes poñendoos en práctica. Apto para todas as idades, infantil e primaria. Agardo que vos guste.

DANZA E BAILE

Saúdos para os que estades a ler estas liñas, especialmente ó meu alumnado de música. Para vós van dirixidas. Esta semana ten algo especial, xa que o mércores día 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza.

Traballo para a semana do 4 ao 8 de maio: titoría

Aquí vos deixo o traballo para esta semana dende a titoría. Na relación dos traballos xa veñen os arquivos adxuntos pero volos deixo aquí tamén por se tedes algunha dificultade á hora de visualizalos ou descargalos. Que pasedes unha boa semana!!

Traballo de inglés: semana do 4 ao 8 de maio - 3º primaria

Aquí vos deixo o traballo de inglés desta semana

Distribuir contido