2º curso

Festival Nadal 2012

E, por fin chegou o festival de Nadal!! Preparamos unha morea de actuacións e nos esperaban un montón de sorpresas!! Se pinchades nas imaxes, que son da preciosa decoración que puxo a ANPA para o evento e dos premios, podedes ver os vídeos do festival. Esperamos que vos gusten!!

               ACTUACIÓNS      PREMIO  NO CONCURSO DE POSTAIS                          LUCAS         PREMIO NO SORTEO DA ANPA                         ÁNGELA

 

E para rematar a festa, chegou Papá Noel a recoller as nosas cartas e comimos chuches e xogamos para celebrar o Nadal.

                                 

Concurso de postais

Polo Nadal levamos a cabo o tradicional concurso de postais onde cada neno e nena fai unha postal para presentar no concurso con moito cariño e ilusión. Aquí podedes todas as nosas postais...

E nesta outra foto podedes ver as postais gañadoras entre as que está a do noso compañeiro LUCAS!!!

Estamos moi orgullosos de ti, eres un grande artista!!

Compramos no mercadiño

Despois de moito esperar e traballar durante todo o trimestre, por fin levamos a cabo o mercadiño de Nadal que tanto estabamos esperando.

Nesta presentación podedes ver os marabillosos produtos que compramos nestes días antes de Nadal. Aquí están!!

Chocolatada 2012

E tamén, como todos os anos, imos á Asociación de veciños de Xuvia, Altea, a comer o tradicional chocolate con churros. Estivo moi rico e prestounos moito!!

Belén 2012

Como todos os anos, o alumnado de Primaria do colexio participamos para facer un fermoso Belén grazas ó traballo e esforzo dos nenos e nenas de 6º e máis da súa profe, Mari Carman Barreiro.

Aquí podedes ver algunhas fotiños do noso Belén. Veredes que lindo quedou!!

Mercado de Nadal

Na derradeira semana do trimestre imos levar a cabo o mercado que tanto tempo levabamos esperando. Durará catro días e, cada día, imos visitar un mercado diferente.

Se queredes ir vendo o que haberá no mercado podedes ver a seguinte presentación.

Espero que vos guste e que nolo pasemos xenial disfrutando e compartindo as compras!!

             
   

Semana da froita

O noso centro participa este ano no Plan de Consumo de Froitas subencionado pola Unión Europea. Consiste en ofrecer durante unha semana froita ó alumnado como merenda nos recreos, variando cada día de froita. O luns comimos plátano, o martes mazá, o mércores mandarina e o xoves pera. Para o venres repetimos o plátano xa que é un dos máis solicitados.

Nesta presentación podedes ver todo o que fixemos para esta semana da froita.

              

Teatro en inglés: Magic Beans

Este ano fomos ver a nosa 1ª obra de teatro enteira en Inglés: Magic Beans!! Fomos unha morea de compañeiros e mestres xa que a ocasión era importante!!

A verdade é que a entendimos bastante ben e cantamos coma tolos coas cantigas que nos ensinaron no cole. Foi moi divertido!!

       

Magosto 2012

Para o Magosto deste ano, un castañeiro veunos contar moitas cousas sobre as castañas e o seu traballo. Ademais, as nosas familias viñeron ó cole axudarmos a repartir a comida e a bebida. Mirade que ben o pasamos!!

            

"Querida hija" de Marie de Jongh

No mes de novembro fixemos a 2ª saída do curso. Esta vez tocou ir ó teatro cos compañeiros de 1º para ver a obra "Querida hija" da compañía Marie de Jongh.

Aínda que tivo momentos tristes tamén foi moi divertida. Nesta presentación podedes ver o que fixemos nesta saída.

Distribuir contido