2º Ciclo de Infantil

UNHA PEZA DE FROITA

TEMOS POR DIANTE CATRO SEMANAS DE FROITA ATA QUE REMATE O COLE.ESTA SEMANA FOI A PRIMEIRA E COMEMOS PLÁTANOS,MAZÁS,ALBARICOQUES,PERAS E PELADILLOS.

ESTA ACTIVIDADE FORMA PARTE DO PLAN PROXECTA,UN PROXECTO QUE O QUE PRETENDE E FOMENTAR HÁBITOS SAUDABLES NOS NENOS E NENAS.

NESTE PROXECTO TAMÉN INCLÚE A ACTIVIDADE DE PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA QUE FIXEMOS AHÍ ATRÁS E TANTO LLE GUSTOU AOS RAPACES E RAPAZAS.

ASÍ QUE NON DEIXEDES DE FOMENTAR HÁBITOS SÁNS.

 

GRANXA ESCOLA BELELLE

A SEMANA PASADA FOMOS DE EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA BELELLE EN NEDA. NESTA SAÍDA ADEMAIS DE TODOS OS COMPIS DE INFANTIL ACOMPAÑÁRONNOS OS AMIGOS E AMIGAS DE 1º DE PRIMARIA, CANTOS MAIS MELLOR NON SI? NA GRAXA DIVIDÍRONNOS POR GRUPOS DE ANIMALIÑOS SEGUNDO O MAQUILLAXE QUE NOS PUXERON: GATOS DE BIGOTE VERDE, PARRULOS, COELLOS, CABALOS... DESTE XEITO CADA GRUPO FOI A UN DOS TALLERES OU ACTIVIDADES QUE TIÑAN PREPARADO PARA NOS. AS ACTIVIDADES FORON:

  • FACER PAN
  • MONTAR EN PONI
  • VISITAR E DAR DE COMER AOS ANIMAIS

A MEDIA MAÑÁ HOUBO UNHA PEQUEÑA PAUSA PARA MERENDAR E DESPOIS RETOMAMOS AS ACTIVIDADES. NA PRESENTACIÓN VEREDES TODAS AS COUSAS QUE FIXEMOS... AS MONITORAS FORON MOI AMABLES E PACIENTES, ASÍ QUE MOITAS GRAZAS A TODAS POLO SEU TRABALLO E POR AMOSARNOS COUSAS TAN DIVERTIDAS E INTERESANTES. ATA A PRÓXIMA!

 

 
SE QUEREDES SABER ALGO MAIS SOBRE A GRANXA ESCOLA PREMEDE NA IMAXE :-)
 
 
NOTA: NA AULA VIRTUAL ATOPAREDES UN VIDEO SOBRE A SAÍDA Á GRANXA NO APARTADO CHAMADO INTERDISCIPLINAR, EN VIDEOS (DENTROS DOS VIDEOS DE 1º DE PRIMARIA); OU MAIS DIRECTAMENTE PREMENDO NO ENLACE QUE APARECE NOUTRA COR E INSERINDO A CONTRASINAL DA AULA VIRTUAL.
 

V FEIRA DO TROCO

REMATOU A FEIRA DO TROCO E NON QUEDA MAIS QUE AGRADECERVOS UN ANO MAIS A PARTICIPACIÓN. É DIFÍCIL AS VECES DESPRENDERNOS DAS COUSAS QUE TEMOS NA CASA, PERO NESTE CASO PAGA A PENA SEMPRE QUE LEVEMOS UN LIBRO OU CONTO QUE NOS GUSTE E FAGA QUE PASEMOS UN RATO DIVERTIDO. NA PRESENTACIÓN VEREDES COMO ESTAN COLOCADOS OS CONTOS CANDO OS NENOS E NENAS FAN O TROCO E APROVEITAMOS PARA AGRADECER A TODOS OS MESTRES/AS A SÚA COLABORACIÓN NA SELECIÓN, COLOCACIÓN E INTERCAMBIO DE LIBROS. 

 

QUE É UN BANCO DE ALIMENTOS?

O MARTES VISITARON Á NOSA ESCOLA DOUS VOLUNTARIOS DO BANCO DE ALIMENTOS, ORGANIZACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO, QUE TEN SUCURSAIS POR TODA ESPAÑA, UNHA POR PROVINCIA.

O BANCO DE ALIMENTOS ESTÁ A DIFUNDIR A SÚA LABOR POLO CENTROS PARA CONCIENCIAR AOS NENOS E NENAS DESDE PEQUENOS DAS NECESIDADES QUE HAI NA NOSA SOCIEDADE E A IMPORTACIA DE AXUDAR AOS QUE MAIS O NECESITAN.

O OBXECTIVO DESTA ORGANIZACIÓN É RECUPERAR EXCEDENTES ALIMENTICIOS DA NOSA SOCIEDADE E REDISTRIBUILOS ENTRE AS PERSOAS MAIS NECESITADAS.

SE QUEREDES SABER ALGO MAIS SOBRE O BANCO DE ALIMENTOS PREMEDE NA FOTO E PODEREDES CONSULTAR A SÚA WEB.

DA FANTASÍA Á REALIDADE

A mostra «Da fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936» reúne 39 obras   e permanecerá aberta ata o sábado 3 de maio. O horario para as visitas é de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.

Esta exposición ensina un rico período artístico en Galicia valéndose de nomes importantes da nosa plástica do século XIX e comezos do XX, como Ovidio Murguía (fillo de Rosalía de Castro), Llorens ou o ferroláns Jenaro Pérez Villaamil e Álvarez de Sotomayor . A través das súas obras, podemos observar o paso da estética romántica ao movemento realista. Para a súa exposición, as obras están articuladas en tres núcleos temáticos, «A terra», «A xente» e «A vida».

O ciclo de educación infantil visitou esta exposición o venres e asistiu a un taller onde coloreamos un debuxo atendendo ás cores empregadas: frías ou quentes. Os cadros que observamos foron paisaxes, bodegóns e retratos que María, no primeiro grupo, e Rocío, no segundo, escolleron para explicarmos parte da maxia dos cadros destes pintores galegos.

Animámosvos a que vaiades vela, son cadros de pintores, as veces descoñecidos para o gran público, que debuxan unha realidade moi próxima á nosa cultura. Se picades nos nomes atoparedes a súa biografía e se queredes coñecer a súa obra... tedes ata o 3 de maio.

UN PASEO POLO POBO

PASEAMOS UN POUQUIÑO POLO POBO E NOS XUNTAMOS TODOS NA PRAZA DO CONCELLO VELLO.SE PREMEDES NA FOTO VEREDES QUE GUAPOS ÍAMOS TODOS/AS.

QUEIMAMOS O MECO

SE PINCHADES NA FOTO VEREDES O QUE LLE PASOU AO NOSO MECO....

ENTROIDO

SE PINCHADES NA FOTO PODEREDES VER A CANCIÓN DO ENTROIDO.

ENTROIDO 2014

O XOVES FESTEXAMOS O ANTROIDO.ESTE ANO O TEMPO PORTOUSE MOI BEN INCLUSO TIVEMOS SOOOOOLLLLLL!!!!!

DESPOIS DE POÑERNOS TODOS GUAPOS E GUAPAS,TIVEMOS A SESIÓN DE FOTOS.A TEMÁTICA ERA O MAR E HABÍA ESTRELAS DE MAR,FONDO MARINO,PEIXES,MARIÑEIROS,PIRATAS,O MAR E OS PESCADORES.CANDO REMATAMOS FOMOS A DAR UN PASEIÑO E CANTAR A CANCIÓN "NA BEIRA,NA BEIRA DO MAR O PONTE DE XUVIA SAIMOS CANTAR" Á VOLTA O MECO ESTÁBANOS ESPERANDO,JUANJO O DISFRAZOU MOI GUAPO DE PIRATA.

OS MEMBROS DO ANPA NOS PREPAROU A MERENDOLA PARA REPOÑER FORZAS.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR E COLABORAR PASÁDEO MOI BEN NESTAS FESTAS.

ENSAIOS DO DÍA DA PAZ 2014

SE PREMEDES NA FOTO VEREDES UNHA PRESENTACIÓN DO ENSAIO XERAL DA CANCIÓN "SIYAHAMBA", CANCIÓN ESCOLLIDA PARA INTERPRETAR NA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NESTE CURSO.

PD: ESTA PRESENTACIÓN E OUTRAS RELACIONADAS CO DÍA DA PAZ TAMEN ESTÁN NO APARTADO DA WEB "DÍA DA PAZ"

Distribuir contido