2º Ciclo de Infantil

CONCURSO DE LARPEIRADAS

UN ANO MÁIS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA CONVOCOU O CONCURSO DE LARPEIRADAS PARA QUE AS FAMILIAS QUE O DESEXEN PARTICIPEN COA SÚA RECEITA MÁIS SABOROSA. FOI MOI DIFÍCIL ESCOLLER, PERO FINALMENTE O GAÑADOR FOI IAGO BARROS, DE 4º DE PRIMARIA. PARABÉNS A IAGO E GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.

PARA VER COMO IAGO RECOLLEU O SEU PREMIO PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

QUEIMA DO MECO

A QUEIMA DO MECO SINALA O FIN DE FESTA NA ESCOLA, DESPOIS DUN DÍA MOI INTENSO E DIVERTIDO. TRAS O DESFILE E A MERENDA CHEGOU O MOMENTO DE DESPEDIRSE DO MECO, VINICIUS, A MASCOTA DOS XOGOS OLÍMPICOS 2016. SE QUEREDES VER QUE NON QUEDOU NADIÑA DO POBRE MECO PREMEDE NA IMAXE.

ENTROIDO

O VENRES CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLE, SACAMOS FOTOS, DESFILAMOS POLO PASEO DE XUVIA, BAILAMOS NA PRAZA, MERENDAMOS NO COLE E POR ÚLTIMO QUEIMOUSE O MECO, DANDO ASÍ PASO O COMEZO DO ENTROIDO.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR NOS MANDADOS E NA FESTA DO VENRES.

DÍA DA PAZ 2016

O VENRES CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ. ESTE ANO ADICÁMOSLLE ESTA DATA A MALALA, PREMIO NOBEL DA PAZ EN 2014. ENTRE TODOS E TODAS FIXEMOS UN MURAL NO PORCHE DE INFANTIL E CANTAMOS E BAILAMOS UNHA CANCIÓN DE MERCEDES PEÓN "SAÚDOS PARALÁ", OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO E CUARTO ACOMPAÑARON A CANCIÓN FACENDO RITMOS COS VASOS. TEMOS QUE DARLLE GRAZAS Á PROFE CRIS POLO SEU TRABALLO E ESFORZO.

ADEMAIS, DESPOIS DE CANTAR DÉMONOS UNHA APERTA CONXUNTA, NENOS, NENAS, MESTRES E MESTRAS, E POR ÚLTIMO COMPARTIMOS PATIO PEQUENOS E MAIORES.

 

FESTIVAL DE NADAL

DESPOIS DE MOITOS ENSAIOS, NERVOS E GANAS DE QUE CHEGASE O DÍA, O VENRES CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL NO XIMNASIO. BAILAMOS UNHA CANCIÓN DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, “ESTO BAILASE ASÍ”. ESPERAMOS QUE DISFRUTARADES TANTO COMA NÓS.

PODEDES VER DOUS BAILES DE ENSAIO E FESTIVAL NA AULA VIRTUAL, NO APARTADO VIDEOS INFANTIL.

MERENDOLA

O XOVES OS NENOS E NENAS DE INFANTIL MERENDAMOS TODOS XUNTOS, AS PROFES TROUXERON UNS BATIDOS DE CHOCOLATE, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS O MÉRCORES FIXERON UNHAS GALLETAS MOI RICAS, E O MESMO XOVES OS NENOS E NENAS DE 3 E 5 ANOS FIXERON DOUS BISCOITOS, UN DE IOGUR E OUTRO DE CHOCOLATE.

A EXPERIENCIA FOI MOI BOA, A PESAR DO CALOR QUE FACÍA NA AULA CON TANTOS NENOS E NENAS E O FORNO. COMO NOS SAÍU TAN BEN O ARRECENDO ESPALLOUSE POLO EDIFICIO E ALGÚNS NENOS E NENAS DOS MAIORES PASARON POLA CLASE PARA SER CONVIDADOS…

SAÍDA AO BELÉN

O PASADO LUNS DÍA 14 DE DECEMBRO OS TRES CURSOS DE INFANTIL VISITAMOS O BELÉN ANTONIO ESCAÑO, EN FERROL. DESPRAZÁMONOS EN AUTOBÚS, E ALÍ RECIBÍRONNOS VARIOS MILITARES E NOS AMOSARON O BELÉN. TIVEMOS QUE ENTRAR EN GRUPOS DE 8 A 10 NENOS E NENAS, MERENDAMOS NUN HALL MOI GRANDE AÍNDA QUE POUCO ADAPTADO ÁS NOSAS CARACTERÍSTICAS, ASÍ QUE DESPOIS DE MERENDAR E MENTRAS ESPERABAMOS UNS POR OUTROS, FIXEMOS XOGOS DE RODA.

 

 

O PAÍS DOS MANDÓNS

O MARTES DÍA 24 FOMOS A VER UNHA OBRA DE TEATRO AO AUDITORIO DE NARÓN. TITULÁBASE "O PAÍS DOS MANDÓNS" DA COMPAÑIA GHAZAFELLOS. A HISTORIA ERA UNHA MISTURA DE TRES CONTOS EDITADOS POR EMBORA CUNHA TEMÁTICA SIMILAR: A IGUALDADE. ESTES CONTOS SON "O PAÍS DOS MANDÓNS", "O SEGREDO DE FLORA" E "A URNA DOS DESEXOS".

A COMPAÑÍA GHAZAFELLOS NACEU EN NARÓN NO ANO 2006, FORMADA POR JORGE CASAS, MONTSE PIÑÓN E PEPABLO PATINHO. OS TRES CANTARON, TOCARON INSTRUMENTOS E SOBRE TODO FIXERON QUE PASARAMOS UN RATO XENIAL APRENDENDO A IMPORTANCIA DE COMPARTIR TAREFAS NA CASA. TODOS E TODAS TEMOS OS MESMOS DEREITOS E É IMPORTANTE TRABALLAR ESTES ASPECTOS DESDE MOI PEQUENOS.

ADEMAIS DA PRESENTACIÓN CON FOTOS DO DÍA DA SAÍDA DEIXÁMOSVOS UN VIDEO CON CONTO DO PAÍS DOS MANDÓNS QUE XA O ESTAMOS A LER NAS AULAS. OS TRES CONTOS ESTÁN ESCRITOS POR CRISTINA JUSTO E PALOMA RODRÍGUEZ E ILUSTRADOS POR SPELA TROBEC

 

 
 

TEMPO DE SAMAÍN

UN ANO MÁIS FESTEXAMOS O SAMAÍN NA ESCOLA, PARA ALGÚNS A PRIMEIRA VEZ, E O PASAMOS XENIAL PARTICIPANDO NO TALLER DE DECORACIÓN DE CABAZAS, VISITANDO A EXPOSICIÓN, INDO DISFRAZADOS A ESCOLA...

SE QUEREDES VER O BEN QUE O PASAMOS, NON SO OS PEQUES DE EDUCACIÓN INFANTIL, SENÓN TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA, PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE SAMAÍN DA WEB.

MAGOSTO 2015

PRIMEIRA PUBLICACIÓN NESTE APARTADO NO CURSO 2015/2016 E COMO SEMPRE COMEZAMOS POLAS FESTAS DO OUTONO. NESTE CASO O MAGOSTO, QUE FESTEXAMOS O DÍA 4 DE NOVEMBRO NA ESCOLA, CON MOITOS XOGOS E SORPRESAS. PARA SABER TODO O QUE FIXEMOS E O BEN QUE O PASAMOS COMPARTINDO XOGOS E MERENDA COS COMPAÑEIROS/AS DE PRIMARIA PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE CELEBRACIÓNS ONDE PON "MAGOSTO".

 

Distribuir contido