2º Ciclo de Infantil

PAULA CARBALLEIRA

O MARTES TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS COA ESCRITORA DE MANIÑOS PAULA CARBALLEIRA.NA AULA DE TRES ANOS XUNTÁMONOS TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL E PASAMOS UN RATIÑO MOI DIVERTIDO.PAULA CONTOUNOS UN CONTO DUN CORVO MOI PRESUMIDO QUE ANDABA A BUSCAR MOZA,PREGUNTOULLE A TARTARUGA,A SERPE,A CURUXA,...PERO AO FINAL A MOZA ELEXIDA FOI A LÚA.MOITAS GRAZAS EQUIPO DE BIBLIOTECA POLA ORGANIZACIÓN DESTAS ACTIVIDADES TAN INTERESANTES E AMENAS.

IMOS DE EXCURSIÓN!!!

O MÉRCORES FOMOS DE EXCURSIÓN A FUNDACIÓN  ABANCA E A GALERIA DE SARGADELOS.NA FUNDACIÓN ABANCA POIDEMOS VER A EXPOSICIÓN DE HEROES E COMO SE CREARON AS PELICULAS DE ANIMACIÓN  "SPIRIT","LA NOVIA CADAVER" E "HOTEL TRANSILVANIA" E CREAMOS O NOSO PROPIO HEROE CON GOMETS.DESPOIS DE TANTO TRABALLAR FIXEMOS UN DESCANSIÑO E CARGAMOS AS PILAS COA MERENDA NO CANTÓN.ACONTINUACIÓN VISITAMOS A GALERIA DE SARGADELOS ONDE POIDEMOS VER ALGUNHAS DAS SÚAS FIGURAS COMA A TORRE DE HÉRCULES,O FARO DO CABO PRIOR,UNHA BRUXA,UN PAXARO,...EN SARGADELOS TIÑAN UNHA EXPOSICIÓN DA ARTISTA FERROLÁ SOFIA PIÑEIRO "UN DOMINGO CALQUERA".OS NENOS E NENAS FIXERON UN DEBUXO DUN CUADRO DA PINTORA  QUE EXPOÑERAN NA GALERIA E PODEDES IR VER,TAMÉN DISFRUTAMOS CREANDO ARTE COAS  NOVAS TECNOLOXIAS. TIVEMOS UNHA MAÑÁ DO MÁIS CULTURAL MAIS POIDEMOS DISFRUTAR UN POUCO DO TEMPO DE LECER ANTES DA VOLTA AO COLE NO BARCO PIRATA DO CANTÓN.ENCÁNTANOS IR DE EXCURSIÓN O PASAMOS PIPA AINDA QUE CHEGAMOS UN POUCO CANSOS PERO SOBRE TODO MOI CONTENTOS.

 

VISITA AO ACUARIO

O VENRES TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO VISITAMOS A CASA DOS PECES EN A CORUÑA. CANDO CHEGAMOS ALÍ NOS DIVIDIRON EN DOUS GRUPOS, POLO QUE AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PRESENTACIÓN DOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

É UNHA PEQUENA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS E TODO O QUE APRENDIMOS. AS FOTOS NON SON MOI BOAS... XA SABEDES QUE NO ACUARIO NON SE PODE UTILIZAR FLASH PARA NON MOLESTAR AOS PEIXES, ASÍ QUE É COMPLICADO ENFOCAR :(

O IMPORTANTE É QUE O PASAMOS MOI BEN, APRENDIMOS MOITAS COUSIÑAS NOVAS, TOCAMOS UNHA ESTRELA DE MAR, VIMOS COMO ALIMENTABAN ÁS FOCAS, COÑECIMOS A GASTÓN E ANGY. FOI UN VENRES PARA RECORDAR!!!

 

 

 

UN CONTO AO REVÉS

POR FIN CHEGOU O DÍA!!! LEVABAMOS MOITO TEMPO TRABALLANDO O CONTO E AS CANCIÓNS DO LIBRO CD UN CONTO AO REVÉS. E O MÉRCORES POR FIN VIÑERON AO COLE!!!

O DISFRUTAMOS COMO AUTÉNTICOS FANS DE: FRAN, AARÓN, MIGUEL E ALEX. O COLE ENTEIRO VIBROU COAS LETRAS E MÚSICA!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS NUN DÍA TAN ESPECIAL, CHUCHES MARCOU UN NOVO XEITO DE CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS, LETRAS CHEAS DE ROCK!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN BREVE RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS!!

 

SOMOS UNS ARTISTAS

HOXE NO XIMNASIO, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CANTAMOS E BAILAMOS DE NOVO A CANCIÓN DE SUSO VAAMONDE, COMPOSTA A PARTIR DO POEMA DE MANUEL MARÍA O SOL.

DESPOIS ESTIVEMOS TAMÉN DE PÚBLICO VENDO AS ACTUACIÓNS DOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO CO POEMA A LÚA E POR ÚLTIMO ACTUARON OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º CUNHA OBRA DE TEATRO SOBRE OS PIRATAS!!!

 

AÍ VEN O MAIO

OS DÍA 11 E 12 DE MAIO VIÑERON Á ESCOLA, DANI E BEA, A AMOSARNOS COMO SE FAI UN MAIO E ALGÚN BAILE TÍPICO RELACIONADO CON ESTA FESTA.

MOITOS CONCELLOS ESTÁN A FACER ACTIVIDADES PARA MANTER ESTA TRADICIÓN VINCULADA AO INICIO DA PRIMAVERA. É UNHA SORTE PODER DISFRUTAR DELAS E APRENDERMOS UN POUQUIÑO DA CULTURA POPULAR.

NA PRESENTACIÓN VEREDES CANTO TRABALLARON E O BEN QUE BAILARON OS PEQUES DE INFANTIL.

FELIZ MAIO A TODOS E TODAS!

 

A FUGA

O MARTES, DÍA 10 DE MAIO, ASISTIMOS A UNHA OBRA DE TEATRO NO PAVILLÓN DA NOSA ESCOLA. A OBRA TITULÁBASE "A FUGA", E OS SEUS PROTAGONISTAS DOUS SIMPÁTICOS ANIMAIS, MONTI E PINA, QUE VIVÍAN ATRAPADOS NUNHA GAIOLA...OU NON? SE QUEREDES SABER O BEN QUE O PASAMOS PREMEDE NA PORTADA DO LIBRO.

CERTAME INTERCENTROS 2016

ESTE VENRES OS/AS NENOS/AS DE INFANTIL,PRIMEIRO,TERCEIRO E CUARTO PARTICIPAMOS NO CERTAME INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARÓN.

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PUXÉMOSLLE  BAILE  A UN POEMA DE MANUEL MARIA TITULADO "O SOL" DO SEU LIBRO "SOÑOS NA GAIOLA" E COA MÚSICA E VOZ DE SUSO VAAMONDE.ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS POR BAILAR ENRIBA DUN ESCENARIO E UN POUCO NERVIOSOS POIS TIVEMOS QUE ESPERAR UN CACHIÑO PARA QUE TODOS OS PAPIS E MAMIS ESTIVERAN SENTADOS PARA DESFRUTAR DE TODAS AS ACTUACIÓNS.GUSTOUNOS MOITO A EXPERIENCIA E DESPOIS DO NOSO BAILE POIDEMOS VER AS ACTUACIÓNS DE OUTROS COLES. E DOS NOSOS COMPIS DE PRIMEIRO.NA AULA VIRTUAL NO APARTADO DE VIDEOS INFANTIL TEDES UN VIDEO DA ACTUACIÓN.

PAULA MERLÁN

O XOVES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, A MESTRA E ESCRITORA FERROLÁ PAULA MERLÁN. FALOUNOS DE COMO MORANDA (UN DOS SEUS ALBUMES ILUSTRADOS) ESTABA CHEO DE SOÑOS, PREGUNTOUNOS POLOS NOSOS E TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA, DISFRUTAMOS DA LECTURA DO CONTO, E O XOGO DOS SOÑOS QUE VEU DESPOIS.

TEMOS QUE AGRADECER A PAULA A SÚA PACIENCIA INFINITA COS NENOS E NENAS, ADEMAIS DAS FIRMAS E DEDICATORIAS QUE DEIXOU EN PONTE DE XUVIA.

PAULA FOI UN PRACER TERTE CON NÓS E VOLVER A VERTE DESPOIS DE TANTO TEMPO, EU QUE TIVEN A SORTE DE COMPARTIR PUPITRE TANTOS ANOS CONTIGO. ESPERAMOS VOLVER A ESCOITARTE!!!

 

 

TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL

ESTA SEMANA TOCOU MOVER UN POUCO O ESQUELETE AO SON DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA... QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS? POIS PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE NO APARTADO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. A BAILAR!

Distribuir contido