2º Ciclo de Infantil

DÍA DA PAZ 2018

ESTE ANO TARDAMOS UN POUQUIÑO EN PUBLICAR NESTE APARTADO E INDA TEMOS PENDENTE POÑER AS FOTOS DO FESTIVAL :-( TEDES QUE PERDOAR, PERO ÁS VECES NON DAMOS FEITO.

COMEZAMOS AS PUBLICACIÓNS DESTE ANO COA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, QUE DEDICAMOS ESTE ANO Á FIGURA DE GLORIA FUERTES, EMPREGANDO COMO EIXE CONDUTOR O SEU POEMA "SÓLO TRES LETRAS".

CADA CLASE TIVO QUE APRENDER UN VERSO DO POEMA E RECITALO. DESPOIS CANTAMOS UNHA CANCIÓN BASEADA NO MESMO POEMA, CREADA POR SUSA HERRERA. O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA TOCOU OS PALILLOS E O RESTO DE NENOS E NENAS CANTAMOS A CANCIÓN.

TAMÉN FIXEMOS UN MURAL, CHEO DE ÁRBORES DA PAZ. AS FOLLAS DAS ÁRBORES SON AS NOSAS MANS, AS MANS DE TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA, UNIDAS SIMBOLICAMENTE NO MURAL.

UNHA DATA ESPECIAL PARA RECORDAR ALGO QUE DEBERÍA ESTAR PRESENTE TODOS OS DÍAS: O RESPECTO, A SOLIDARIEDADE, A EMPATÍA, A AMIZADE... 

SE MIRADES NOS APARTADOS CORRESPONDENTES ÁS AULAS VEREDES PUBLICACIÓNS DO ACONTECIDO ESE DÍA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS

O 25 DE MAIO TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL: PACO NOGUEIRAS! ESTIVEMOS TODO O ANO ESCOITANDO AS SÚAS CANCIÓN DE "BRINCA VAI", QUE PRECISAMENTE SON SOBRE AS DATAS ESPECIAIS QUE ACONTECEN AO LONGO DO CURSO E QUE EN TODAS AS ESCOLAS SE CELEBRAN. A NOSA NON PODÍA SER UNHA EXCEPCIÓN!

PARA QUE O DÍA FOSE PERFECTO DECORAMOS O PAVILLÓN CON BANDEIRAS QUE ELABORARON TODOS OS COMPIS DA ESCOLA. ADEMAIS NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA DECORAMOS UNHAS LETRAS BEN GRANDES: PACO NOGUEIRAS E BRINCA VAI.

E CHEGOU O DÍA...FOMOS SENTANDO E AGARDANDO A QUE COMEZASE O ESPECTÁCULO. CANTAMOS, BAILAMOS E SUAMOS, XA QUE O DÍA ERA CALUROSO E NO PAVILLÓN ERAMOS MOITAS PERSOAS. PERO FOI TAN DIVERTIDO QUE PAGOU A PENA PASAR UN POUCO E CALOR ;-)

MOITAS GRAZAS A PACO POR VIR, POR FIRMAR OS CEDÉS QUE MERCAMOS PARA A ESCOLA E O LIBRO DE HONRA DA BIBLIOTECA.

UN PRACER BRINCAR CONTIGO!

 

VISITAMOS FENE

NO CONCELLO DE FENE HAI UN MONTÓN DE COUSAS DIVERTIDAS E INTERESANTES E HAI UNHAS SEMANAS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITAMOS DÚAS: O PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA E O MUSEO DO HUMOR.

NO PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA ATENDEUNOS SONIA, QUE NOS EXPLICOU COMO TIÑAMOS QUE RESPECTAR AS NORMAS DE TRÁFICO. TAMÉN VIMOS UN VIDEO EXPLICATIVO E HOUBO PERSOAL DE PROTECCIÓN CIVIL QUE NOS AXUDOU EN TODO MOMENTO.

NO MUSEO DO HUMOR DE FENE ESPERÁBANOS ALMUDENA, ENCARGADA DE EXPLICARNOS POLO MIÚDO QUEN ERA XAQUÍN MARÍN E FACERNOS DE GUÍA POR TODAS AS SALAS DO MUSEO.

FOI UN DÍA INTENSO E MOI INTERESANTE. MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE O FIXERON POSIBLE! 

 

ENTROIDO

O VENRES 24 DE FEBREIRO FESTEXAMOS O ENTROIDO NO COLE. OS NENOS E NENAS DE INFANTIL TRABALLAMOS O CONTO DE ROALD DAHL QUE ASCO DE BICHOS!.

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS DISFRAZARONSE DE VACAS, OS DE 4 DE LEÓNS E OS DE 5 DE OURIZOS, AS MESTRAS E MESTRES FOMOS DE CROCODRILOS... ENTRE TODOS CANTAMOSLLE AO MECO UNHA CANCIÓN.

TIVEMOS A SORTE DE PODER FACER UN DESFILE POLO PASEO, MERENDAR TODOS XUNTOS AS LARPEIRADAS QUE AS FAMILIAS APORTARON.

TAMÉN HOUBO UN CONCURSO DE LARPEIRADAS, SENDO O GAÑADOR UN COMPAÑEIRO DE 3 ANOS!!!

DESPOIS DE MOITAS DÚBIDAS, MARCO PRENDEULLE LUME AO MECO, MENOS MAL QUE CARLOS O PAPÁ DE SALMA ANDABA POR ALÍ PREPARADO CUN EXTINTOR... QUE AÑINDA QUE NON FOI NECESARIO, TODOS E TODAS ESTABAMOS MOITO MÁIS TRANQUILOS.

 

 

MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POR PARTICIPAR NESTA FESTA CON NÓS!!!!

DÍA DA PAZ 2017

O LUNS, DÍA 30, FESTEXAMOS NA ESCOLA O DÍA DA PAZ XUNTO CON TODOS OS COMPIS DE PRIMARIA. A MAÑÁ DIVIDÍUSE EN DOUS MOMENTOS; A PRIMEIRA HORA CADA CURSO FOI COLOCANDO NO MURAL AS SÚAS APORTACIÓNS, VERBAS E FRASES RELACIONADAS COA PAZ E A CONVIVENCIA. O MURAL QUEDOU MOI BONITO, GRAZAS A TODOS E TODAS OS QUE O FIXERON POSIBLE.

DESPOIS DO RECREO SAÍMOS PARA CANTAR E BAILAR "APERTAS QUE VOAN", CANCIÓN DO BRINCA VAI DE PACO NOGUEIRAS.  PREVIAMENTE DOUS NENOS DE 6º DE PRIMARIA, LERON UNHAS PALABRAS. DESPOIS CADA CLASE, QUE ESTABA NUN CÍRCULO, CANTOU E BAILOU ATA QUE AO FINAL DA CANCIÓN COMEZAMOS A FORMAR UNHA GRAN ROLDA, SIMBOLIZANDO A UNIÓN ENTRE TODOS. COMO SAÍU MOI BEN REPETIMOS A CANCIÓN E DESPOIS FIXEMOS UN PEQUENO RECREO.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A PRESENTACIÓN!

 

 
 
 
SE PREMEDES  NA IMAXE PODEREDES ESCOITAR A CANCIÓN!

FESTIVAL DE NADAL

O MÉRCORES 21 DE DECEMBRO CELEBRAMOS O NADAL CO NOSO TRADICIONAL FESTIVAL.ESTE ANO OS NENOS E NENAS DE TRES E CATRO ANOS CANTARON A CANCIÓN DE "VOLVER A CASA POLO NADAL" E O FIXERON XENIAL.OS RAPACES E RAPAZAS DE 5 ANOS CANTARON A CANCIÓN DE "LÚA".QUE ARTISTAS SON ESTES MOZOS E MOZAS DE INFANTIL.DESPOIS DE TANTO CANTAR E BAILAR FOMOS A REPOÑER ENERXIA COA MERENDOLA QUE NOS PREPAROU A ANPA E ENTRE BOCADO E BOCADO TIVEMOS A VISITA DE PAPA NOEL,QUE LEDICIA,QUE NERVIOS,...OS NENOS E NENAS TIÑAN PREPARADA A SÚA CARTA QUE PAPA NOEL RECOLLEU NO SEU SACO PARA DESPOIS LEELAS TODAS E COMA NOS PORTAMOS TAN BEN DEUNOS UN PAQUETE DE CHUCHES.MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE FIXERON POSIBLE LEVAR ADIANTE O FESTIVAL AOS NENOS E NENAS QUE SON PROTAGONISTAS DESTE DÍA E POLO SEU ESFORZO,A ANPA POLA SÚA COLABORACIÓN,AOS PAPIS E MAMIS,A JUANJO POR MONTAR O ESCENARIO,AOS MESTRES E MESTRAS.

FELIZ 2017!!!

VISÍTANNOS OS BOMBEIROS

QUE SORPRESA TIVEMOS CANDO O XOVES VIÑERON OS BOMBEIROS DO CONCELLO DE NARÓN A VISITARNOS.A ACTIVIDADE FOI ORGANIZADA POR DANI,O PAI DE THIAGO E ICÍA E POLAS MESTRAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA QUE ESTÁN TRABALLANDO AS PROFESIÓNS.RUBÉN,ISMA E XABI,BOMBEIROS DO CONCELLO,EXPLICÁRONNOS EN QUE CONSISTÍA O SEU TRABALLO E ENSINÁRONNOS QUE MATERIAIS USABAN.POIDEMOS VER COMO VESTÍAN O SEU TRAXE CANDO HABÍA UNHA EMERXENCIA,PROBAMOS O CASCO,VIMOS MOITAS DAS SÚAS FERRAMENTAS QUE USAN SE HAI UN ACCIDENTE,A MANGUEIRA E O MELLOR DE TODO MONTAMOS NO CAMIÓN E TOCAMOS A SEREA...FOI XENIAL!!!.

MOITAS GRAZAS POR ESTA ACTIVIDADE TAN ESTUPENDA E QUE TANTO NOS GUSTOU.

XOGOS NO MAGOSTO

O OUTONO É UNHA FERMOSA ESTACIÓN QUE TRAE CONSIGO FESTAS COMO O MAGOSTO. O VENRES DÍA 11, COINCIDINDO CO SAN MARTIÑO, XUNTÁMONOS TODOS OS COMPIS DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA E COMPARTIMOS NO PAVILLÓN UNS XOGOS POPULARES COA CASTAÑA COMO PROTAGONISTA. FORON ESTES:

  • A RÁ
  • A CASTAÑA QUENTE
  • CULLER CON CASTAÑA
  • OS BIRLOS
  • OS ZANCOS

QUEREMOS AGRADECER A TODOS OS QUE PARTICIPARON PARA PODER CELEBRAR ESTE DÍA, SOBRE TODO A ANA, A PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA, QUE ORGANIZOU OS XOGOS, E AO ANPA, QUE ORGANIZOU A MERENDOLA CON CASTAÑAS, ZUMES E BATIDOS.

 

O SABOR DAS AVENTURAS DO MAR

O XOVES 20 TIVEMOS UNHA VISITA: LUIS, O MARIÑEIRO, MARIÑA, A COCIÑEIRA E UNHA BIÓLOGA MARIÑA. EXPLICARONNOS UN MONTÓN DE CURIOSIDADES A TRAVÉS DE VÍDEOS E HISTORIAS SOBRE SARDIÑAS, RODABALLOS, PESCADAS, MEXILÓNS, TROITAS, XURELOS E LIRIOS. QUE SAIBADES QUE CADA UN DOS PEIXES TEN UN PODER: CALMA, INTELIXENCIA, FORZA, ENERXÍA, DIVERSIÓN, AXILIDADE E VISIÓN. A VER SE ADIVIÑADES CAL TEN CADA PODER… AS VOSAS FILLAS E FILLOS AXUDARÁNVOS SEGURO!!!

ESTA ACTIVIDADE FOI COMPARTIDA POLOS NENOS E NENAS DE TODA A EDUCACIÓN INFANTIL.

 

SAÍMOS AO PARQUE

O VENRES DESPOIS DO PATIO FIXEMOS UNHA MERENDA MOI ESPECIAL. COLLEMOS MOCHILAS E FUMOS AO PARQUE, MERENDAMOS Á SOMBRA DAS ÁRBORES E DESFRUTAMOS DO AIRE E DO CALORCIÑO QUE FACIA.

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS TODOS XUNOS DESPOIS DE MERENDAR... DURANTE A MERENDA FOI DIFÍCIL RETRATALOS :)

 

 

Distribuir contido