2º Ciclo de Infantil

MAGOSTO

O VENRES 22 DE NOVEMBRO, NO COLE CELEBRAMOS A FESTA DO MAGOSTO. O CASTAÑEIRO CARLOS ASOU UNHAS CASTAÑAS MOI RICAS QUE COMEMOS NO PATIO, CON LEITE E O BOLIÑO DE PAN. ESTABAN MOI RICAS E QUENTIÑAS, QUE CO DÍA QUE FIXO AGRADECIMOS MOITO.

MERENDA NO PASEO!!!

ESTE VENRES, APROVEITANDO UNHA RAIOLA DE SOL, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL COMPARTIMOS A MERENDA NO PASEO DE XUVIA!!! QUE BEN SENTA O LEITE E O BOLIÑO DE PAN SENTADOS NAS MESIÑAS E SABENDO QUE TODO O PARQUE DO PASEO É PARA NÓS. 

COMO VEDES O PASAMOS EN GRANDE, AGARDAMOS PODER REPETIR PRONTO A EXPERIENCIA :)

DIA DO DEPORTE

ASÍ BAILAMOS DE BEN A CANCIÓN "DA LA VUELTA EN TU LUGAR" POLO DÍA DO DEPORTE QUE NOS ENSINOU A MESTRA ANA MORALES.PINCHADE NA FOTO E PODEDES VER CON QUE RITMO CANTAMOS E BAILAMOS.

30 ANIVERSARIO DO XORNAL ESCOLAR " A PONTE"

A NOSA REVISTA ESCOLAR "A PONTE" ESTÁ DE ANIVERSARIO E DENDE O CENTRO QUIXEMOS FESTEXAR ESTA DATA TAN ESPECIAL.DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE CADA CURSO POIDO DISFRUTAR DURANTE UNHA SEMANA DE PODER LER E DISFRUTAR DA HISTORIA DO NOSO COLE E TAMÉN OUTROS ACONTECEMENTOS IMPORTANTES DE AQUELES ANOS.O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA E APROVEITANDO A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO DURANTE ESA SEMANA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POIDO DISFRUTAR DA »

VISITA DE MARÍA CANOSA

O VENRES, DÍA 26 DE ABRIL, TIVEMOS A VISITA NA ESCOLA DE MARÍA CANOSA, AUTORA DE VARIOS CONTOS DOS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA COMO "ACUARIO 1" E "ACUARIO 2" OU "O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS"

ENTROIDO 2019

ESTE ANO O ENTROIDO ESTIVO DEDICADO ÁS ETAPAS DA HISTORIA E OS PEQUES DE INFANTIL PARTICIPAMOS TRABALLANDO ARREO PARA QUE OS NOSOS DISFRACES FORAN BEN BONITOS :-)

DÍA DA PAZ 2019

O día 30 de xaneiro o CEIP Ponte de Xuvia conmemora o Día da Paz e, este ano,  fixemos dúas actividades. Na hora de lectura os nenos/as maiores foron contar contos para invitar aos máis pequenos a reflexionar, pois tratan de valores que queremos fomentar en todo o alumnado do centro.

FESTIVAL NADAL 2018

VAIA FESTIVAL MARCHOSO QUE TIVEMOS ESTE ANO, VERDADE? TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL FIXÉMOLO XENIAL, CANTAMOS, BAILAMOS E SOBRE TODO DESFRUTAMOS :-)

A CONTINUACIÓN TEDES OS VIDEOS DAS TRES ACTUACIÓNS, A DE 3 E 4 ANOS INTERPRETANDO "XA ME TARDAN ESTES MAGOS", A DE 5 ANOS CANTANDO E BAILANDO "A LUZ DO NADAL", AMBAS CANCIÓNS DO GRUPO MAMÁ CABRA E, XA POR ÚLTIMO, A CANCIÓN "SNOWFLAKE".

GRAZAS A TODOS E TODAS POR ASISTIR E COMPARTIR CON NÓS UN DÍA TAN ESPECIAL. BO NADAL A TODAS AS FAMILIAS!

 

 

 

CHOCOLATE NO AVENIDA

O 14 DE DECEMBRO FOMOS DE VIAXE EN TREN A FERROL. ALÍ PARAMOS NO AVENIDA A TOMAR UN CHOCOLATE CON CHURROS, MMMMMMM! ESTABAN ESPERÁNDONOS CON TODO PREPARADO E TIVEMOS UNHA MERENDA MOI SABOROSA. 

DESPOIS, APROVEITANDO QUE DEIXOU DE CHOVER, FOMOS AO PARQUE DA PLAZA DE ESPAÑA. ESTABA TODO UN POUCO MOLLADO, PERO CANDO HAI GAÑAS DE PASALO BEN TODO É POSIBLE!

FOI UNHA EXPERIENCIA XENIAL QUE COMPARTIMOS TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL...XA ESTAMOS DESEXANDO REPETIR!

NO MAGOSTO TROULA E XOGOS.

O OUTONO É UNHA EPOCA DO ANO QUE VEN CHEA DE FESTAS,UNHA DELAS É O MAGOSTO.O VENRES 16 DE NOVEMBRO FESTEXAMOS O MAGOSTO NO CENTRO E COMEZAMOS A MAÑÁ OS NENOS DE INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA CUNS XOGOS POPULARES  ONDE A PROTAGONISTA ERA A CASTAÑA.O TEMPO ACOMPAÑOU E FIXO UN FERMOSO DÍA ONDE POIDEMOS DISFRUTAR DE ACTIVIDADES CO PARACAÍDAS,COA MÚSICA ,A ,CULLER CON CASTAÑA,...UNHA MOREA DE ACTIVIDADES QUE NOS PREPAROU A MESTRA PAULA COA AXUDA DOS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA.NUNHA SEGUNDA QUENDA DISFRUTARON DOS XOGOS O RESTO DOS CURSOS DE PRIMARIA.DESPOIS DE TANTO EXERCICIO TIÑAMOS QUE REPOÑER FOLGOS E RAMÓN ,O NOSO CASTAÑEIRO,TIÑA PREPARADAS UNHAS DELICIOSAS CASTAÑAS ASADAS QUE ACOMPAÑAMOS CUN BO VASO DE LEITE. PARA REMATAR A FESTA DISFRUTAMOS TODOS OS COMPIS DUN TEMPO DE LECER XUNTOS .MOITAS GRAZAS A ANPA POLA SÚA COLABORACIÓN,A PAULA E AOS NENOS E NENAS DE 6º POR ORGANIZAR ESTOS XOGOS TAN ENTRETIDOS.

 

Distribuir contido