Actividades

Corre, corre, cabaciña!

 

O 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín.  De novo todo o alumnado e o profesorado veu  disfrazado caracterizándose de personaxes que dan medo. Incluso Nicoleo converteuse nun pirata sanguinario e non nos deixaba entrar na biblioteca... JA,JA,JA!

 

Dende aquí queremos agradecer aos pais e nais a colaboración coa celebración do Samaín, os nenos e nenas viñeron ben preparados para dar susto. 

 

Ao final da mañá todo o colexio cantou o tema "Corre, Corre Cabaciña",  inspirado nun conto popular portugués. Pasámolo fenomenal. VIVA  O SAMAÍN!!!!!

 

Música de novembro

Os nenos e nenas de sexto de primaria continúan traballando arreo para que se dean a coñecer os artistas e músicos dos que escoitamos as súas cancións á entrada e saída da escola. Na presentación veredes os traballos destas semanas. Parabéns rapaces!

 

CONTOS DE MEDO

Este ano o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca pediulles aos nenos e nenas de Infantil que diseñaran mostros que deran moito medo, o resultado impresionounos, temos uns artistas que non se asustan facilmente.

Por outra banda os rapaces de primeiro a cuarto crearon receitas maléficas para crear monstros, pantasmas e zombies terroríficos.  Algúns deles preferiron facer pócemas para cumprir os seus máis malvados desexos.

Por último os alumnos de quinto e sexto se lles pedíu que fixeran ou ben un  conto de moito medo ou ben que contaran unha situación que lles sucedera a eles real o imaxinada,  a sorpresa foi que algún deles contou anécdotas reais que nos fixeron temblar...  

Aquí mostramos algún dos traballos realizados polos noso alumnado. Estos nenos e nenas SON DE MEDO.

 

COMEZAMOS CON MÚSICA

Este curso 2018-19 dende Normalización Lingüística queremos facer un traballo cos nosos artistas musicais favoritos. Cada semana pincharemos no fío musical do colexio a música que máis nos gusta para así facer a entrada e saída máis amena. En outubro imos comezar cos seguintes artistas: Queen, Ariadna Grandes e Rozalén. Expoñeremos no taboleiro de entrada de Educación Infantil e Primaria os nosos traballos. Comezarán os alumnos de 6º de EP elexindo os seus temas favoritos. Irémosvos informando puntualmente dos artistas que estamos a traballar. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

 

VISITA DE LEANDRO LAMAS

O DÍA 24 DE MAIO TIVEMOS NA ESCOLA A VISITA DE LEANDRO LAMAS. FOI UN DÍA DE ILUSIÓN E NERVIOS POR COÑECELO, FALAR CON EL E APRENDERMOS UN MMONTÓN DE COUSAS.

OS PEQUES DE INFANTIL TIVEMOS UN FALADOIRO MOI INTERESANTE CON EL E OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA DESFRUTARON DUNHA CLASE DE DEBUXO.

SE PREMEDES NA IMAXE VEREDES A BEN QUE O PASAMOS!

AÍ VEN O MAIO...

PENSABADES QUE ESTE ANO NON FIXERAMOS UN MAIO? CLARO QUE SI! HAI QUE CELEBRAR QUE CHEGA A PRIMAVERA E QUE MELLOR FORMA QUE DA MAN DAS MONITORAS DO CONCELLO, MARÍA E LUCHI, QUE COMPARTIRON COS NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA UNHA FERMOSA XORNADA DE FLORES, CORES E MÚSICA. 

NOS SEGUINTES ENLACES TEDES AS PUBLICACIÓNS COAS FOTOS E ALGÚN VIDEO DO BAILE QUE FIXEMOS.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/2543

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/2532

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippontedexubia/?q=node/2551

 

OS MAIOS ESTIVERON EXPOSTOS NA PLAZA DO CONCELLO XUNTO CUNHA PERMOSA ALFOMBRA ELABORADA A PARTIR DUN DEBUXO DE LEANDRO LAMAS, AO QUE TAMÉN TIVEMOS A SORTE DE COÑECER ESTE ANO.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN AS PRESENTACIÓNS!

 

 

ACTUACIÓNS NO XXIX CERTAME INTERCENTROS

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU  NA MODALIDADE DE "CANCIÓN EN GALEGO" NO CERTAME INTERCENTROS. OS NENOS DE 3 ANOS INTERPRETARON "CATRO VELLOS MARIÑEIROS", O ALUMNADO DE 4 ANOS UNHA CANCIÓN TITULADA " A CLASE DE MARÍA" E OS PEQUES DE 5 ANOS UNHA CANCIÓN MOI ROCKEIRA TITULADA "FAME".

OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6º DE PRIMARIA PARCIPARON NA MESMA MODALIDADE, CUN TEMA TITULADO "HIMNO", VERSIÓN PROPIA DO HIMNO DE GALICIA.

 

SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES VER OS VIDEOS DAS ACTUACIÓNS DE INFANTIL. 

EN TODOS OS CASOS AS ACTUACIÓNS TEÑEN PREMIO, NA EDUCACIÓN INFANTIL Á PARTICIPACIÓN E NO CASO DE 6º DE PRIMARIA GAÑADORES DO PREMIO NA MODALIDADE "CANCIÓN EN GALEGO". PARABÉNS A TODOS E TODAS!

MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS 2018

UN ANO MÁIS O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO CERTAME INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARÓN. COMO SABEDES HAI VARIAS MODALIDADES NAS QUE PRESENTAR TRABALLOS: EXPRESIÓN ORAL, MURAIS, CONTOS ILUSTRADOS, CANCIÓN EN GALEGO, NARRATIVA...

POR UNHA BANDA TODOS OS CURSOS, AGÁS 6º DE PRIMARIA, PARTICIPARON NA MODALIDADE DE MURAL OU CONTO ILUSTRADO. OS TEMAS XIRARON EN TORNO ÁS LETRAS GALEGAS E AS LENDAS DE GALICIA, XA QUE ESTE CURSO FOI O EIXO CENTRAL DO NOSO ENTROIDO. NA PRESENTACIÓN VEREDES OS MURAIS EXPOSTOS NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN, ONDE PERMANECERÁN ATA O 19 DE MAIO. INDA ESTADES A TEMPO DE VELOS!

 

Mª VICTORIA MORENO

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 ESTÁ DEDICADO A Mª VICTORIA MORENO, PROFESORA, TRADUTORA E ESCRITORA ENTRE OUTRAS COUSAS. NADA EN EXTREMADURA NO 1939, TEN UN VÍNCULO ESPECIAL CON GALICIA DESDE MOI PEQUENA, ATA O PUNTO QUE NO 1963 CONVERTE GALICIA NO SEU LUGAR DE RESIDENCIA. TRAS VIVIR EN VARIAS CIDADES FICA DEFINITIVAMENTE EN PONTEVEDRA, ONDE EXERCERÁ COMO PROFESORA EN DIVERSOS INSTITUTOS. 

A SÚA OBRA MÁIS COÑECIDA É "ANAGNÓRESE", PUBLICADO EN 1988. OUTRAS OBRAS SÚAS SON "O CATAVENTOS", "A FESTA NO FAIADO", "A BRÉTEMA""EU CONTO, TI CANTAS", "MAR ADIANTE""E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS?", "LEONARDO E OS FONTANEIROS", ESTE ÚLTIMO 3º PREMIO DO BARCO DE VAPOR NO ANO 1985.

PREMENDO NAS IMAXES ACCEDEREDES ÁS WEB PRIMAVERA DAS LETRAS E SEMINARIO GALÁN, AMBAS CON MATERIAIS PARA DESCARGAR EN PARA XOGAR EN REDE.

NON PERDADES A OPORTUNIDADE DE COÑECER A VIDA E OBRA DESTA AUTORA, VALENTE, COMPROMETIDA E LOITADORA.

 

 

 

 

 

LENDAS DE GALICIA

ESTE ANO A TEMÁTICA ESCOLLIDA PARA DISFRAZÁRMONOS NO ENTROIDO FOI "LENDAS DE GALICIA". CADA CLASE ESCOLLEU UNHA LENDA QUE SE TRABALLOU AO LONGO DE VARIAS SEMANAS NA AULA E DESPOIS O ALUMNADO DOS DIFERENTES CURSOS FOI EXPOÑENDO AO RESTO DOS COMPAÑEIROS O APRENDIDO. DESTE XEITO TODOS COÑECEMOS UN POUQUIÑO DAS DIFERENTES LENDAS E PUIDEMOS IDENTIFICAR OS DISFRACES DOS NOSOS COMPIS O DÍA DA FESTA.

ADEMAIS CADA CLASE ELABOROU UN CARTEL ONDE SE RECOLLÍAN OS ASPECTOS MÁIS CARACTERÍSTICOS DOS PROTAGONISTAS DAS LENDAS. ESTIVERON EXPOSTAS NO PORCHE O DÍA DO ENTROIDO E, DESTE XEITO, ACHEGAMOS ÁS FAMILIAS O APRENDIDO.

HAI QUE AGRADECER AO ALUMNADO E PROFESORADO O SEU TRABALLO, XA QUE ESTE ANO HOUBO POQUIÑO TEMPO PARA PREPARALO E HOUBO QUE TRABALLAR A REO. PARABÉNS!

 

Distribuir contido