MARCHA CICLISTA VIRTUAL

MARCHA CICLISTA VIRTUAL

Este ano por motivo do Covid, celebrouse a marcha ciclista 12 +1 de maneira virtual.

A data elexida foi o 21 de maio ás 10:30 e participaron, como todos os anos, todos os centros de primaria de Narón.

Tivemos unha bicicleta estática na aula de 6º e todos os alumnos pedalearon mentras vían un vídeo do recorrido por Narón. Ao mesmo tempo tiñan que resolver un panel sobre seguridade vial e cuestións do seu Concello.

A actividade foi moi amena e xa que non podemos estar cos outros nenos de outros centros polo menos podemos facer unha marcha virtual polo Concello.

Despois da marcha o Concello obsequiounos cunha merenda para os nenos desde 3º a 6º de Primaria.

Aquí vos deixamos unha presentación desta actividade. Esperamos que vos guste.

 

ONLINE CYCLING ROUTE

This year, we could not celebrate the cycling route 12+1 for Covid restrictions.The Narón Council decided to do it through Internet.

We were provided with a stationary bicycle and we had to follow a route in a video. At the same time they had to complete a table with questions about Road Safety Education.

After the cycling route we were invited to have a snack.

Year 6 participated pedaling and answering questions. The snack was given from Year 3 to Year 6.

Here you can enjoy a presentation of the activity.

We hope you like it.