XOGOS MAGOSTO 2020

XOGOS TRADICIONAIS DE OUTONO

A semana do 9 ao 13 de novembro celebramos o Samaín nas aulas, e a mestra Ana, dedicou as súas sesións de Educación Física a xogar a distintos xogos populares tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

Por sorte, a semana veu con moi bo tempo e moitos dos xogos poudéronse realizar na pista, outros fixéronse no pabellón e outros no patio cuberto aproveitando as mariolas que o concello de Narón nos pintou.

Os nenos e nenas de Infantil xogaron a : rato que te pilla o gato, a escoba, soga tira, a rá. As chapas, os bolos e a pita cega.

Os nenos e nenas de Primaria xogaron a : petanca, a corda, o pañuelo, carreiras de sacos, zancos, soga tira, a peonza, bolos, a escoba, hulahops, xogos de mans, a mariola, ioios e zapatito quedo é.

Foi unha semana moi divertida.

Aquí vos deixamos unha presentación para que vexades.

 

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d345571889k6087290o2l1/xogos_magosto_