POSTAIS NADAL

Como ven sendo tradición no CEIP Ponte de Xuvia, un ano máis déronse premios as mellores postais de nadal. Todos os nenos e nenas puxéronse mans á obra e os deseños foron moi orixinais. Infantil e 1ºEP recibiron un libro en galego para toda a clase e dende 2º EP ata 6º EP os premios foron individuais. Aquí podedes ver as postais gañadoras e os nenos e nenas recibindo os seus agasallos en galego. A lista dos libros foi a seguinte:

3 anos – A clase recibiu de premio o libro O Pirata Valente

4 anos – O premio para a clase foi Paco

5 anos- Recibiu o libro Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis

1ºEP levou o libroDistinta para a biblioteca de clase.

2ºEP a premiada foi Valeria que recibiu de agasallo o libro O lapis de Rosalía

3ºEP a premiada foi Ainhoa, levou de agasallo o libro Vaia Tropa

4ºEP a premiada foi Erea que recibiu o libro Acuario 2

5ºEP o premiado foi Xoel agasallado co libro Charlie e a fábrica de chocolate

6ºEP a premiada foi Natalia que recibiu o libro Conta 9 Estrelas

Este ano coas postais premiadas fixemos un calendario de peto. Cada clase aportou a postal gañadora no concurso e o día das notas,o día 20 de decembro, entregamos a rapazada un calendario co deseño premiado da súa clase.Premendo na imaxe tedes acceso a presentación.