"Brinca Vai" de Paco Nogueiras

Un dos nosos discos favoritos este ano e que máis bailamos e cantamos foi o de "Brinca vai" de Paco Nogueiras. Escoitamos as súas cancións polo Samaín, o Magosto, coñecimos ó Apalpador da súa man, aprendimos unha preciosa canción polo Día da Paz "Apertas que voan" e, en cada aniversario e festa, bailamos coas súas cancións.

Este ano tivemos a sorte de disfrutar dun concerto del na escola e o pasamos xenial!!! Ademais fomos uns afortunados e sacamos unhas fotos lindísimas con el.

Premendo na imaxe veredes un vídeo con parte deste estupendo concerto.