AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025. Educación Primaria.

NORMATIVA: Orde 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

 

PRAZO: dende o martes 21 de maio ate o venres 21 de xuño (inclusive)
   
PRESENTACIÓN:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Abrir enlace e acceder coa Chave365.
- Opcionalmente, poderanse entregar as solicitudes presencialmente no centro.


Entrega presencial de 9.30 a 12.00 horas SEN CITA PREVIA na Secretaría do centro.
   
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
   
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Deben asinar todos os membros da unidade familiar, menos a persoa solicitante. En caso de que sexa menor de idade, firma un dos proxenitores)
   
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais da copia do libro de familia, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. (Coa custodia compartida deben asinar os dous proxenitores)
   
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
   
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
   
e ) No caso de que o pai e nai carezan de DNI ou NIE ou, no caso de non ter libro de familia: Certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2022.
   
f) No caso de non poder acreditar a unidade familiar con ningún dos documentos sinalados anteriormente, haberá que aportar un certificado ou volante de convivencia onde figuren os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2022.
   
Agradecemos que revisen toda a documentación e sinaturas antes de entregar a solicitude no centro.
   
Imprimir anexo I e anexo II aqui ou, poden recollerse na Secretaría do centro.
   
CALENDARIO DE PRAZOS

• Entrega de documentación: ate o 21 de xuño (inclusive)

• Resolución provisional: Antes do 12 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.

• Período de reclamación:os dous días seguintes á publicación.

• Resolución definitiva: Antes do 26 de xullo. Informaremos nesta web e Telegram.