Skip to Content

Proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2012/13

De acordo coa Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos:

1. O alumnado do centro ten garantida a súa permanencia no mesmo ata a finalización das etapas educativas impartidas no centro; polo que o alumnado matriculado actualmente no CEIP Eduardo Pondal  non terá que facer ningún trámite.

2. Cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito:

  • Reserva de praza: Para os efectos de reserva de praza, os pais, nais ou titores legais do alumnado presentarán o anexo I debidamente cumprimentado, no centro de adscrición no que pretenden continuar estudos, do 1 ao 15 de febreiro.
  • Centros adscritos ao CEIP Eduardo Pondal: Na actualidade temos os seguintes centros adscritos, susceptibles de facer a reserva de praza para o vindeiro curso académico:

- CRA Nosa Señora do Faro
- IES de Ponteceso

3. Solicitude de admisión. As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se publica como anexo II da orde do 17 de marzo de 2007. Os solicitantes presentarán unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar. Xunto coa solicitude presentarán a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI.

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 de marzo ao 10 de abril.

4. Presentación da documentación acreditativa dos criterios alegados. De existir máis solicitudes de prazas que postos escolares ofertados, abrirase un prazo do 1 ao 20 de abril para presentar a documentación xustificativa dos méritos alegados, xunto cunha copia do anexo II presentado anteriormente.

5. Resolución provisional de admitidos e non admitidos. As listaxes provisionais publicaranse con anterioridade ao 30 de abril, e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles.

6. Resolución definitiva de admitidos e non admitidos. Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido.

7. Formalización de matrícula. Os prazos para a formalización de matrícula do alumnado admitido serán os seguintes:

  • Do 20 ao 30 de xuño, para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo, para o alumnado de ESO.
  • Prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro para o alumnado de ESO.

 



page | by Dr. Radut