O alumnado de 3º a 6º estivo preparando coreografías en grupo ao longo das últimas dúas semanas. O venres foi un día con moito ritmo; o momento de sentirse protagonistas, de amosarlle aos compañeiros /as os seus bailes.
A expresión corporal fomenta a capacidade de disfrute e de alegría, de desinhibición, a creatividade, a sensibilidade. Axúdanos a desenvolver a atención, a memoria, a axilidade mental.
Ensínanos valores como o respeto, a comunicación, a integración, a cooperación, o afán de superación, a confianza nun mesmo e nos demais.
Por todo isto, considerámola unha ferramenta útil e imprescindible na educación, un modo de expresarnos e de comunicarnos, de transmitir emocións, sentimentos, ilusións, estados de ánimo.
Disfrutamos moito cos nosos artistas; o traballo e o esforzo realizado tivo recompensa. Deixámosvos algunhas fotos para que vos adentredes nas nosas coreografías.
• 3º: “Proxy”. Martin Garrix
• 4º: “Amanecí contento”. El famoso biberón
• 5º: “Toca, toca”. Fly project