Iniciar sesión: Acceso

Clube de ciencia

ACTIVIDADES DO CLUBE DE CIENCIA 1º TRIMESTRE

O CLUBE DE CIENCIA NO PRIMEIRO TRIMESTRE

 Este curso contamos  co Clube de Ciencia no cole  que coordina Lupe  coa axuda de Sonia.

Comezou o seu desenvolvementol no mes de novembro que ademais aproveitamos moi ben tendo en conta que este mes é o mes da ciencia!

 A biblliioteca, como non pode ser doutra maneira actúa como soporte deste proxecto, poñendo á disposición materiais de consulta, o seu espazo para as sesións e a creación do recuncho do clube de ciencia.

 As sesións desenvólvense na biblioteca, os martes no tempo de lecer, despois do comedor. Cada martes tócalle a un grupo. Infantil,  primeiro e segundo, terceiro e cuarto e quinto e sexto. Deste xeito acaban tendo unha sesión mensual.

 Os primeiros afortunados en disfrutar do clube da ciencia foi o alumnado de 1º e 2º que construíron un volcán.

 Ao martes seguinte tocoulle ao alumnado de infantil que tamén construiu un volcán.

 1º Sesión informativa a través dun  vídeo explicativo sobre os volcáns: cómo se forman, por que se poñen en actividade?, partes dun volcán...

 2º materiais que precisamos para construír o volcán

 MATERIAIS:

 -Plastelina

 -Bicarbonato

 -Vinagre

 -Colorante alimentario

 3º) Elaboración do noso volcán; mans á obra!!!

 4º) Reacción química que se produciu ao mesturar o bicarbonato e o vinagre.

 5º. Realización dunha ficha coas partes do volcán.

 A sesión de primeiro e segundo desenvolveuse o día 9 de novembro de 2021.

 Reportaxe en imaxes

 A sesión de infantil desenvolveuse o día día 16 de novembro de 2021.

 Reportaxe en imaxes

A sesión de terceiro e cuarto desenvolveuse o día 23 de novembro. O experimento versou sobre o ciclo da auga e moito ollo con estes pequenos científicos que foron quen de facer chover.

 MATERIAIS:

Cinta adhesiva.

Auga.

Bolsas con cierre zip.

Colorante azul.

Rotuladores permanentes.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.

1.Video explicativo sobre o ciclo da auga.

2. Debuxo na bolsa de plástico dos elementos que interveñen no ciclo da auga (sol, nubes, río…)

3. quentar a auga no microondas e engadila na bolsa.

4. Engadir colorante azul, cerrar a bolsa.

5. Pegar a bolsa con cinta adhesiva na fiestra.

6. Observar qué pasa.

7. Facer chover.

Reportaxe en imaxes.

As obras no cole obrígaronos a suspender o comedor escolar na última semana de novembro e a ter unos días clase na biblioteca, así que reanudamos a rolda de experimentos  o 14 de decembro de 2021 que estivo destinada ao alumnado de 5º e 6º impaciente xa pola chegada da súa sesión na que construíron un pluviómetro.

MATERIAIS

Botella 1,5 L

Regla

Rotuladores permanentes

Cinta adhesiva

Cúter

Pedras pequenas

Tesoiras

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

1.Video explicativo sobre instrumentos meterereolóxicos Pluviómetro.

https://www.youtube.com/watch?v=8gII_aUzwn8

2.Cortar a parte de arriba botella de plástico co cúter.

3.Introducir as pedriñas na botella ata que queden niveladas.

4.Colocar a regla na botella e debuxar os centímetros (ata 15 cm) cos rotuladores permanentes.

5.Colocar a parte de arriba da botella invertida.

6.Pegar a parte de arriba con cinta aislante.

 Reportaxe en imaxes

Ademaís de aprender, manipular, observar, sacar conclusións, atopar explicacións, investigar…. pasárono xenial.

Seguiremos dando novas desta actividade emocionante.

Distribuir contido