Iniciar sesión: Acceso

Radio escolar

FORMACION RADIO NA BIBLIO

FORMACION RADIO NA BIBLIO CON LUIS LOSADA DE REDE ESPORA

 O pasado xoves, 28 de maio de novo unha actividade emocionante!

Visitounos Luis Losada de Rede Espora e con él completamos a formación de radio na biblio deste curso. Emocionante coma sempre! E sobre todo, descubrimos máis do fascinante mundo da radio… o curso remata e nós cada día familiarizámonos mais coa nosa querida Radio Guímara!!

Fíxonos un pequeno resumo das vantaxas da radio, das ferramentas necesarias para facer un programa e de como usalas e...  para ir á radio hai que ter que contar!! pero nós iso sempre!

Este xoves, concretamente, tiñamos moito que contar!! Pois o día anterior por fín! Puidemos facer unha pequena ruta polo camiño de inverno, que por certo, tamén acollemos con moitas ganas e ilusión….

Así que nos distribuimos en tres equipos rápidamente: reportaxe co resumo da saída,  e dous que contamos lendas que nos contaron no percorrido.

Luis ensinounos unha páxina, que alberga lendas, Galicia encantada…e tamén nos falou dalgunhas características das lendas.

Baixamos a biblio, e cada equipo preparou o seu traballo e de novo normas para contar ben na radio...e facer un bo programa!

Chegou a hora da verdade coma sempre! Agora contámolo na radio…así que coa súa supervisión e axuda fomos quen de grabar, gardar e editar os nosos programas desta mañá.

Grazas Luis, por achegarnos un día distinto, emocionante….no que, disfrutamos un montón e ademais aprendemos a ser mais autónomos coa radio!.

Pasámolo xenial. Aqui un resumo en imaxes

Se queredes coñecer lendas e que ben o pasamos facendo un tramo do camiño de inverno, escoitade os nosos programas.

Relato da Excursión e actividades

Lenda de San Lourenzo

Lenda das mouras

 

PARTICIPACIÓN III CONCURSO DE PODCAST XELA ARIAS

PARTICIPAMOS NO III CONCURSO DE PODCASTS: XELA ARIAS

Os nenos e nenas de quinto e sexto, participaron no III concurso de podcasts que convoca cada ano entorno á figura das Letras Gaelegas a Dirección Xeral de Centros e Recursoso Humanos e a Radio Galega.  Para elo investigaron sobre a vida de Xela Arias, usando diversas fontes: a páxina web da RAGA, "A Primavera das Letras", a biografia de Yolanda Castaño sobre a autora: "Xela quixo ser ela" e o libro de poemas de Xela "Darío a diario". Despois  elaboraron unha ruta guidada pola vida de Xela Arias e intercalaron experiencias persoais próximas á escritora. Se queredes coñecer a vida de Xela Arias, escoitade o noso programa en Radio Guímaro:

RUTA POLA VIDA DE XELA ARIAS

ENTREVISTA A XOSÉ LOIS MACEDA, ALCALDE DA POBRA

ENTREVISTA XOSÉ LOIS, ALCALDE DA POBRA. O CAMIÑO DE INVERNO

 O pasado xoves,  o alumnado de quinto e sexto entrevistou a Xosé Lois Maceda,  alcalde do noso Concello en  Radio Guímaro. Trataron con él o tema do camiño de inverno, especialmente atendendo ao tramo que pasa polo concello da Pobra.

 Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto que se está a desenvolver no centro a través de Voz Natura, que este curso versa sobre o Camiño de Inverno. O noso proxecto titúlase “O Camiño Guímaro”.

Xosé Lois aportounos moita información,  que compartimos a través de Radio Guímaro e tamén dun código QR que colocaremos o vindeiro venres, facendo un tramo do camiño acompañados do técnico de cultura e turismo  Xosé Gago.

 Aparte da información  tamén nos deixou unha mensaxe clara: a importancia de aproveitar as potencialidades do concello, e esta é unha delas, temos a sorte de que pase por aquí o camiño de inverno, pois coidémolo todxs porque é patrimonio de todxs. 

Aproveitamos  para agradecer a colaboración e boa predisposición para acceder a unha entrevista cos nenos e nenas  de quinto e sexto que indudablemente se sentiron  importantes  e valorados.  O seu traballo de investigación  vai mais aló dos coñecementos  conectando coa contorna maís próxima a eles implicándose no seu coidado, coñecemento e valoración… O despertar da responsabilidade de ser un veciño, un pequeno cidadán que pode aportar moito no futuro para convivir  construíndo unha sociedade que progresa sustentablemente.

 Queredes coñecer o camiño Guímaro?

 Pos escoitade a entrevista en radio  Guímaro:

Entrevista dxs nenxs de quinto e sexto a Xosé Lois, alcalde da Pobra

 Imaxes desta actividade

 QR Code

OBRADOIRO DE RADIO. XEOGRAFIAS MÁXICAS CON CHARO PITA

 Radio na Biblio e Xeografía Máxica con Charo Pita.

 O pasado xoves, 18 de marzo visitounos de novo  Charo Pita. Tendo por lema este Lecturas Xeográficas,   realizamos un obradoiro de radio na biblio e Xeografía máxica. Como vedes o tema non podía ser máis interesante!

 Os nomes dos lugares na súa gran maioría teñen unha explicación…. Foi fascinante descubrir a historia da Torre de Hércules, a dos Pirineos, o esteito de Xibraltar….,

 Tiñamos un mapa… que nos axudou a percorrer a xeografía acompañada de historias impresionantes, fantásticas? Lendas?  Qué pode haber de certo  en todo isto??

 Nós escoitando a Charo… xa non sabemos donde hai maís maxia: si no seu encanto para contar ou nas  tres lendas que nos contou…

 Contounos a lenda da Maruxaina: unha serea que habita nada mais nin nada menos que na nosa provincia, un ser metade  muller,  metade peixe de voz fermosa e cola de peixe que vive na coba de Xan Bello, no illote da Sombriza, no arquipélago dos Farallóns en San Cibrao….

 Coñecemos  a lenda que da lugar ao nome da Torre de Hércules, os Pirineos….. Fascinantes!!  Viaxamos a través do mapa polos lugares, onde se crearon tales historias; pura xeografía máxica!!

 Despois fixemos tres equipos con normas moi claras levar estas fascinantes historias a Radio Guímaro. A tarea era a seguinte: presentarnos, contar o que iamos facer, contar a lenda e despedirnos!!

 Queredes coñecelas?

Pois ouvide nos enlaces Radio Guímaro:

Lenda dos Pirineos

Lenda da Torre de Hércules

Hércules e o Xardín das Espérides

 Pois escoitade os tres programas de Radio Guímaro que creamos entusiamados!!

 A verdade e que foi un obradoiro máxico que prendeu en nós a intriga para coñecer a orixe do nome dos lugares ou porqué son especiais… o afán por descubrir novas historias, novas lendas…..

 Graza Charo por ofrecernos unha xornada  estupenda, por sementar inquedanza por  descubrir…. Novos lugares máxicos coas súas lendas….

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 DÍA MUNDIAL DA RADIO

 O pasado día 13 de febeiro celebramos o día mundial da radio e que mellor maneira de facelo que facendo radio. Asi que como sempre encantados os nosos biblioaxudantes acudiron a radio Guímaro.

 A radio é unha ferramenta potente, motivadora, doada de introducir no currículo  e que ademáis, da cabida a moitas modalidades de programas.

 Xs nenos e nenas de quinto e sexto fixeron tres programas que tiñan moito que ver coas datas do momento: Celebrar o Día Mundial da Radio e falar do entroido en Salcedo.

 Acollémonos á proposta de Rede Espora e indagamos sobre o uso da radio anos atrás preguntando ás súas familias onde escoitaban a radio e que tipo de programas. Descubrimos que a radio é unha ferramenta potente, con moitas vantaxas por iso a pesar de aparecer outros medios tecnolóxicos a radio segue con nós.

 Queredes coñecer algo da historia da radio pois escoitade  a Ainara, Candela e Keira

 A radio onte e hoxe

 Tamén nos acollemos á proposta de Ponte nas Ondas e  apuntámonos a presentar o noso laboratorio de radio. para coñecelo mellor  escoitade o programa de J. Ramón, Alejandra, Héctor

 Radio Guímaro

 E dado que estábamos en plena data do entroido Lola, Elena, Dani e Sara faláronnos do entroido en Salcedo. Queredes saber deste particular carnaval: as madamas, o oso, o teatro… pois escoitade o programa de  Lola, Elena, Dani e Sara

O entroido en Salcedo

 

FORMACION RADIO NA BIBLIO CON CHARO PITA

OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO CON CHARO PITA.

Disfrutamos e aprendemos un montón con Charo Pita

O pasado venres, 22 de xaneiro disfrutamos dunha xornada de formación con Charo Pita traballando sobre teatro lido.

Charo Pita, é unha prestixiosa galega creadora de contos, narradora, contadora e tamén investigadora...

A nós que nos encanta facer teatro, ler contos… e nos parecía que o faciamos ben…de repente descubrimos canto nos quedaba por aprender! Comezando por descubrirnos a nós mesmos para despois saber transmitir aos demáis, e todo isto dun xeito moi divertido!

 O obradoiro no que participamos era sobre teatro lido: pero para ler e contar primeiro puxémos a punto con Charo Pita e iso pasou por presentarnos en primeiro lugar e desinhibirnos e preparar todo o corpo seguindo as súas  instruccións para contar, porque a nosa voz é un instrumento máxico para comunicar pero con todo o corpo do que forma parte!

Xogamos coa voz, coa vocalización, a intensidade, o tono, a intención da mensaxe….sempre acompañando o corpo. E descubrimos cantas mensaxes se poden transmitir cunha mesma palabra, frase…os simplemente xogando coas vogais porque dende elas comezamos para pasar a palabra, a frase, o diálogo, o teatro!

Grazas Charo por este obradoiro tan completo, no que nos sentimos ben porque soubeches aproveitar as nosas propostas  facéndonos sentir que o estabamos a facer ben e de camiño nos  axudabas a descubrir as túas propostas para mellorar.

 Divertímonos un montón e todxs aprendemos contigo. Seguímonos formando para ser bos comunicadores, e dende logo, para saber contar historias na radio, aos compañeiros, á vida!

Foi unha mañá lúdica, divertida, enriquecedora… nestes tempos un fermoso raíño de luz, de disfrute dentro de tanta norma estricta e protocolo que dende logo non abandonamos nin por un momento….pero atopamos momentos divertidos.

Imaxes deste fermoso día

 

 

 

RADIO NA BIBLIO. PROXECTO INTERCENTROS COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS

RESPOSTA AO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME DE SOBER: OS NOSOS RIOS

Este curso está a ser ben distinto e tamén difícil. As medidas de prevención e protección da saúde ante a pandemia da COVI-19 modificaron as nosas vidas, e tamén o día a día da nosa escola.

A elaboración de protocolos,  os materiais, a posta en marcha dun curso tan distinto e peculiar… fixeron que a reanudación deste proxecto empezara con retraso. A isto sumouse as faltas máis continuas do alumnado, que fai difícil a grabación dun programa, pois o absentismo derivado dos catarros é maior que outros cursos.

 O curso paado os nosos compañeiros de sober pediannos que lle contaramos dun río que compartimos ao seu  paso polo noso concello: O rio Sil. Así que  Por fin, damos resposta  a través da radio á súa pregunta que quedou en espera dende o curso curso 2019-20, e con ela, reanudamos este apaixoante proxecto  a través do que compartimos información que nos permite coñecernos melllor e sobre todo decubrir minuciosamente  a nosa  contorna, o patrimonio natural, histórico, etnográfico que temos nos nosos concellos….

Unha vez máis a pregunta dxs nosxs compañeirxs  deu lugar a un traballo de investigación do alumnado de 5º e 6º que indagou sobre os ríos que surcan o concello da Pobra do Brollón, que como ides ver  son varios.

Se queredes coñecer que ríos pasan polo noso concello e como lle confiren riqueza, actividades de lecer, turismo e singulariedade escoitade o noso programa.

 OS RÍOS QUE PASAN POLA POBRA DO BROLLÓN

 

 

 

PONENCIA NOS ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES:RADIO GUÍMARO NO CONFINAMENTO

COMPARTIMOS A NOSA EXPERIENCIA: RADIO GUÍMARO NO CONFINAMENTO

Dende o CEIP da Pobra do Brollón participamos, a petición dos responsables da Asesoría de Bibliotecas Escolares, nunha ponencia, durante os encontros de Bibliotecas Escolares, para contar a nosa experiencia dende a radio na biblio, durante o confinamento, no curso 2019-20.  Compartimos as actividades levadas a cabo dende Radio Guímaro cxs biblioaxudantes (alumnado de 5º e 6º).

Agradecemos a Asesoría de Bibliotecas Escolares esta oportunidade de divulgar e valorar o traballo do CEIP da Pobra do Brollón.

Deixamos enlace á presentación da ponencia.

RADIO GUÍMARO NO CONFINAMENTO

FORMACIÓN PENDENTE RADIO NA BIBLIO

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO PENDENTE DO CURSO 2019-20

O xoves pasado, 12 de novembro chegou a formación de radio na biblio pendente do curso pasado por fin!. Varios foron os motivos de non a poder facela antes; a posta a punto do novo espazo da biblio e tamén da radio foi o principal.  Faltan detalles importantes no recuncho da radio como a conexión a internet,  pero  decidimos buscar alternativas a esta necesidade e facer a formación pois o alumnado estaba desexando estrear o que lle faltaba da biblio: A radio!.

E se a radio a estreamos da man de Luis Losada de Rede Espora, o éxito xa está garantizado!. Esta formación que ía dirixida ao alumnado de 5º e 6º as profes presentes: a titora do grupo e e a de galego e CN, non perdemos tampouco detalle!. Explicoulles as vantaxes da radio frente a outros medios, as características e ferramentas que se necesitan para contar cun laboratorio de radio, como se desenvolve o proceso dunha grabación, e como facelo!

E por fin baixaron á radio. Tiñan preparado fragmentos dos textos de Olga Novo: “Os ollos de miña nai” e “O pequeno Petrucio e a naiciña nai” por mor do día das escritoras. Así que organizáronse en 3 grupos de 4 para manter o aforo, organizaron o guión e chegou ese momento tan esperado que non lles daba chegado: Grabar, este curso, un programa de Radio!

Un  día, sen dúbida, moi enriquecedor. Moitas grazas Luis, por engancharnos a todxs  desta maneira coa calidade dos contidos, co bo facer e bo traballo.

Radio Guímaro por fin! un curso máis, Está en marcha!

Disfrutade das imaxes deste fermoso día AQUI

 

DÍA DAS ESCRITORAS

DÍA DAS ESCRITORAS

Conmemoramos o día das escritoras con retraso, e aínda por riba, tamén tivemos algúns atrancos coas ferramentas tecnolóxicas, Pero inda así, esta reportaxe non pode faltar, porque tampouco faltaron experiencias entrañables que vivimos  coas lecturas das escritoras que eleximos para conmemorar este día.

Moitas son as escritoras  que temos afortunadamente, e todas merecen o noso recoñecemento, así que cada ano iremos elexindo algunhas tendo en conta os lemas ou simplemente por ter vivido experiencias coas súas lecturas… pero representan a todo o conxunto de escritoras que nos fan viaxar, soñar, remover emocións… A todas o noso agradecemento dende este pequeno recuncho do CEIP da Pobra do Brollón.

Como actividade para esta conmemoración propúxose que cada curso traballara cunha escritora para dala a coñecer despois aos demáis cursos a través dos grupos estables de convivencia nas aulas.

Os nenos e nenas de infantil déronnos a coñecer a Eva Mejuto, a autora do conto que nos contaron polo día da biblioteca: “A mosca chosca”. Coñecédea da súa man neste vídeo.

Eva Mejuto

Os nenos e nenas de 1º e 2º que estaban a  traballar no obradoiro de linguas co conto “El monstruo de colores” contáronnos este fermoso conto e presentáronnos a Anna Llenas.

Anna LLenas

Os nenos e nenas de 3º e 4º traballaron con Elena Villar Janeiro. Recítan poemas acompañados coa música  que creou o seu profe Pablo.

Poemas de Elena Villar Janeiro

Os nenxs de 5º e 6º elexiron a Olga Novo, dado o vínculo afectivo que mantemos con esta escritora, que naceu neste concello, así como o recente premio nacional de poesía que acaba de recibir. Tendo en conta tamén, o lema deste ano “O esforzo cotian das mulleres”, Seleccionamos fragmentos de hipertextos da sección de "O bosque dos Cromososmas” nos que publica historias entrañables de perosas reais a través dos que pon en valor a vida das persoas humildes do rural  eloxiando o traballo duro e incansable das nosas avoas e avós.Selecionamos fragmentos de dous textos de Olga; “Os ollos de miña nai”, adicado á súa nai e de: “O pequeno Petrucio e a naiciña nai”, adicado aos seus irmáns maiores.

Cada un leo o seu fragmento en familia, e xuntos fixeron a súa valoración. Así que detrás dos textos  emotivos, e entrañables de Olga apareceron as reflexións dos nenxs e familias. Con eles creamos tres programas de radio que podedes escoitar aquí.

Día das Escritoras. Prgrama 1

Día das Escritoras. Programa 2

Día das Escritoras. Programa 3.

Seguro que vos vedes reflexados e que vos emocionades tanto coma nós.  As palabras que agroman das emocións que removen o interior, que espertan os nosos recordos e flúen para describir os  sentimentos son as mellores!

 

Distribuir contido