Iniciar sesión: Acceso

RUTA POLO CAMIÑO DE INVERNO

POR FIN SAÍMOS DE EXCURSIÓN!

RUTA SE SENDEIRISMO POR UN TRAMO DO CAMIÑO GUÍMARO

 Por fin mellorou o tempo, e puidemos realizar a nosa primeira saída deste curso e de todo o cole!

 Unha saída curta pero cargada de ilusión e gañas de saír do cole. Así que disfrutámola moito. Por fin ao aire libre!. Esta saída tiña varios obxectivos: realizar un tramo do camiño de inverno; unha actividade proposta dende Voz Natura, e por outra poder rematar as actividades programadas para as Letras Galegas. O noso recital de poesia ao aire libre!

O alumnado de 3º,4º, 5º e 6º saíu do centro ás 12:30. Camiñamos ata o cuartel donde comezamos un tramo camiño de inverno. Alí agardábanos o alcalde, e o técnico de cultura do concello, que nos acompañou pola ruta e entre él e Pablo combinaron o disfrute da natureza con historias emocionantes unhas e impresionantes outras!

A carón do cuartel hai un mollón donde lle entregamos ao alcalde dúas placas con códigos QR.  Un, elaborado polo alumnado de 3º e 4º, contén consellos sobre o camiño. Invítanos a disfrutalo e non manchalo. Titúlase “Coida o camiño”. O outro, elaborado polo alumnado de 5º e 6º, contén información sobre o camiño no que se pode escoitar unha entrevista que este alumnado mantivo con Xose Lois, o alcalde do concello en radio Guímaro. Titulárono "Coñece o camiño"

Imaxes

Despois emprendemos a nosa ruta polo camiño de inverno acompañados de Xosé Gago. Contounos historia e lendas… pasamos por un tramo chamado o camiño da escoria. Este nome obedece a que está ao pé dos restos dos traballos que os romanos realizaban nos fornos, separando o ferro do inservible. Así que había moitos anacos destes restos, escoura, da que case todxs levamos unha mostra con nós.

 Camiñamos á beira do río Saa, un río que encerra certa maxia, pois en tempos dos romanos tamén din que traballaron nel para extraer ouro. Vimos varias presas, que se usaban para regar noutros tempos e para un muíño.

 Pablo, que é de Nogueiras, localidade pola que pasamos falounos da presa do seu muiño, que por certo, xa estamos desexando visitar, e dunha lenda. Din que Alí había un valde de ouro cunha cadea de ouro da que se sacaba auga para levar á cova da moura que se atopaba no castro de San Lourenzo.

 Tamén nos contou unha historia impresionante dun familiar seu, perseguido na posguerra por ser republicano. Para escapar dos perseguidores, e salvar a súa vida, cruzábano subido nos ombros para que puidera ir dormir a un escondite no castro de San Lourenzo cos pés enxoitos.

 En Nogueiras uníronse os noxs compañeiros de infantil, 1º e 2º que iniciaron a ruta maís tarde, e dende a ponte de Noguerias, un pouco mais curta.

Imaxes infantil, 1º e 2º

 Chegamos a outro punto ao pé do desvio para o Castro de San Lourenzo, do que Xosé nos fixo un pequeno resumo e nos contou outra lenda, a do San Lourenzo.

 A imaxe de San Lourenzo, estaba na capela do Castro. Contan que cando constru´ron a igrexa de Cerixa, levaron a imaxe para alí, pero San Lourenzo escapaba para a capela, enfadado ademáis porque os veciños non pagaban o tributo para oseu culto. Os veciño organizan unha precesión parair abuscalo e dinlle: “San Lourenzo ven a nós, que o ferrado das fabas, pagámolo nós”.

Imaxes do camiño

 Seguimos o camiño empapados de hsitorias e chegamos ao noso punto final. O campo da festa de Cereixa. Alí descansamos un chisco e sentamos nunha gran roda para repoñer pilas disfrutando dun xantar ao aire libre: bolo preñado, sándwich para os máis pequenos ou alternativa os que non querían bolo e plátano. Tiñamos ingredientes para disfrutalo: aire libre, xuntos…e ademáis os bolos quentiños;

Estaban boísimos!!!

Ao rematar compartimos os nosxs traballos das Letrs Galegas recitando os poemas creados nas aulas. E como premio aos nosxs traballos recibimos unha chapa coa imaxe de Xela Arias.

Imaxes recital

 Rematou este mini festival coa entrega de premios do XXX Cerame de contos das Letras Galegas que cada curso convoca o cole. Habia calidade nos traballos habendo algúns empates.

 Os premiados deste curso foron:

 En primeiro e segundo: Martín, Enzo e Carla.

 En terceiro e cuarto:Arianna,  Antón e Nuno.

 En quinto e sexto: Sara e Lola.

Imaxes premios

Rematamos un día fermoso, intenso, no que disfrutamos e aprendemos  moito.

Esperamos que coa nosa responsabilidade, axudemos a mellorar a situación desterrando pouco a pouco das nosas vidas o coronavirus, para poder vivir moitos días coma este.