Iniciar sesión: Acceso

LETRAS GALEGAS E XELA ARIAS

 Xela Arias

MES DE MAIO, COÑECEMOS A XELA ARIAS.

No mes de maio traballamos acerca da figura das Letras Galegas que este ano está adicado a Xela Arias.

Na entrada creamos o recuncho cos materiais cos que conta o centro para coñecer mellor a unha muller que pasou de ser descoñecida a  brilar con intensidade; a súa vida é un espello para os galegos: comprometida coa xustiza, coa liberdade das persoas, co medio ambiente…cun mundo sano; no que podemos soñar; ser libres; medrar convivindo con respeto entre nós e para este gran fogar que nos alberga.

Recuncho Xela Arias

 Nesta páxina web tamén colgamos recursos en liña a fin de facilitar materiais ao profesorado, familias  e enlaces a actividades interactivas para o alumnado.

 Así fomos introducindo no currículo, a través de obradoiros a figura de Xela Arias para despois crear cada grupo os seus traballos e compartilos.

Dende o centro convocouse como cada curso o Certame de Contos das Letras Galegas que este ano é o número XXX.

A semana do 19 ao 21 de maio,  organizamos a semana das Letras Galegas, sen o tradicional festival de todxs os cursos.

 O mércores 19: Coñecemos a Xela Arias.

Recurrimos aos materiais sinalados anteriormente. Divulgamos, na hora de ler, o programa de radio que o alumnado de 5º e 6º realizou sobre Xela Arias para o concurso de podcast. Este programa tamén o compartimos co Centro de día e o concello que a responsable da páxina web enriqueceu aportando imaxes, e que resultou máis motivador polo tanto para o alumnado.

Especial radio Guimaro e Xela Arias cos nenxs de 5º e 6º

 Xoves, 20: Obradoiros. Cada curso creou os seus traballos acerca da figura de Xela Arias.

 Venres 21:Tiñamos programda a realización dun tramo do camiño de inverno, dende a localidade de Pobra donde o concello colcará as dúas placas con códigos QR que realizou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acerca do camiño de inverno, para seguir ata a localidade de Cereixa, donde comeríamos ao aire libre.  Fariamos un pequeno recital compartindo os traballos realizados nas aulas por cada grupo  así como a entrega de premios do XXX Certame de contos Letras Galegas. Esta actividade foi suspendida por mor da climatoloxia ata que o tempo os permita facer este tramo de camiño.

 Así que compartimos os nosos traballos nas aulas, tendo moi presente non perder esta saída pola localidade á que o noso alumnado se acolleu con gran ilusión.

 O alumnado de infantil traballou sobre Xela Arias. e esta é a súa creación.

O alumando de primeiro e segundo traballou unha unidade didáctica do Seminario Galán do seu nivel.

Despois crearon na aula o seu acróstico colectivo que copiaron, memorizaron e recitaron.

O alumnado de 3º e 4º traballou con materiais de Seminario Galán, e con varias composicións musicais sobre Xela, unha delas a de a Banda da Loba. Despois de coñecer a Xela Arias compuxeron un rap sobre a súa vida e obra.

 Rap Xela Arias 3º e 4º

O alumando de 5º e 6º despois de realizar actividades das páxinas da RAGA, A primavera das Letras e do Seminario Galán, realizou un obradoiro de poesía e traballaron co caligrama.

                                                                                                  

Tamén fixeron a súa aportación como biblioaxudantes. Na hora de ler lemos "Darío a diario". Un libro de poemas que Xela adicou ao seu fillo. Descubrimos así unha gran muller, o amor dunha nai que ansía liberdade, integridade, personalidade para o seu fillo... para que sexa o auténtico protagonista e constructor da súa vida, nun mundo sen barreiras...                                        

Grazas ás Letras Galegas coñecemos cada ano a un grande que se comprometeu polo medrar da nosa lingua, da nosa cultura, historia...por florecer o encanto de Galicia. Non podemos pois esquecer tanta semente, tanto esforzo...nas nosas mans está agora agradecer o seu traballo e facer que medre no futuro.