Iniciar sesión: Acceso

CONSTRUÍNDO O MUNDO LECTOR

CONSTRUÍNDO O MUNDO LECTOR

OBRADOIROS DE POESÍA.

Unimos a importancia das árbores, da natureza á poesía porque a conxugación indudablemente favorece o noso benestar de saude e tamén o emocional.

 En primeiro e segundo traballamos co libro de Neira Vilas o xardín de Irene. O coidado das plantas, e benestar que nos producen e lemos poemas.

 Preparamso dous para recitar e crearon o seu traballo

Quinto e sexto  traballou con poemas de Antonio García Teijjeiro. Na bibloteca fixemos selección de libros. Leron "Un rato díxolle á lúa" e "Chove nos versos". Prepararon poemas deste libro que leron para os demáis compañeiros no patio e crearon unha composición sobre o seu anaco de poema

Crearon poesía a partir desta palabra que  nos aporta tanto: a natureza:

Escribimos no encerado: NATUREZA

 De un en un decimos unha palabra que me fai sentir  a natureza  e ímolas anotando no encerado. Non se pode repetir.

Cada un creará dous, tres, catro versos….en torno á natureza e á súa palabra.

Creamos o noso poema sobre a natureza

Creo unha composición plástica co meu anaco de poema.

Recitamos no patio para os demáis compañeiros. Cada un o seu anaco

 Crearon un mural cos traballos e este vídeo.