Iniciar sesión: Acceso

DÍA DO LIBRO

ABRIL, MES DO LIBRO

 Os libros forman parte da nosa vida no día a día. No mes de abril dámoslle máis protagonismo pois chegan as conmemoracións entorno ao libro: Dia infantil do libro, día mundial do libro…

 A biblioteca, a casa do libro, nesta ocasión transformase en recuncho temático...porque non hai tema, o tema son os libros....así que nos agarda  para crear un lugar de encontro para pensar, deseñar, facer, soñar, viaxar…ler  e entender o mundo.

Abordamos esta conmemoración dende varios ámbitos: os libros encerran sempre saber, espertan os nosos soños, a imaxinación… A primeira estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º con Xurxo Ayán, xa reseñada.

 2.-Os biblioaxudantes contaron contos: Unhos poucos contos saíron da biblioteca….e foron parar ás mans dos biblioaxudantes que prepararon para contarlles aos mais pequenos o venres 23 de abril na hora de ler. Así que cada clase recibiu a súa sorpresa.

 Lola e Manu contaron en infantil: Maruxa de Eva Mejuto.

 Keira, Candela e Sara contaron en primeiro: Leopoldo, o pequeno monstro de Estefanía de Padullés.

Ainara, Dani, Marcos e Jose contaronlle aos nenos e nenas de 2º Daniela a Pirata de Susanna Isem

Héctor, Alejandra e Elena contaronlles aos de 3º e 4º unha burbulla de timidez para Fidel de Cochka.

Imaxes dos contacontos

E os nosos biblioaxudantes tamén tiveron unha sorpresa e contáronlles Borja e Dori Fronteiras de Papel de  alba de Evan e Javier Domínguez.

Dende Orientación preparouse unha ficha para cada conto que traballa fundamentalmente as emocións.

Fichas dos contos

Xeografías lectoras: Traballando co lema de xeografias lectoras viaxamos con algúns escritores de literatura infantil polos seus países e cada curso presentou un escritor que colocaremos nun mural composto polo mapa cos escritores, os traballos e códigos QR ás montaxes dos rapaces.

Infantil presentounos a Andersen.

 Primeiro e segundo: presentáronnos a Michael Grejniec

 Terceiro e cuarto presentáronnos  a Jonathan Swift e asviaxesde Gúlliver.

Quinto e Sexto presentáronnos a Roald Dahl

Realizaremos un mural cun mapa sinalando os países destes escritores e con códigos QR aos traballos de cada escritor.

 Eleximos o conto favorito: Cada neno elexiu o seu conto favorito. Chegado este momento do curso contan cunha axenda de lectura ampla. Reflexionamos sobre os contos lidos e propuxémoslle que elexisen o que mais lles gustou. Estes traballos compartirémolos a través de medios audiovisuais o venres a fin de que coñezan os contos favoritos dos compañeiros.

Contos favoritos de infantil

 Contos favoritos de primeiro e segundo

 Contos favoritos de quinto e sexto:

Con estes contos farase unha exposición na biblioteca colocando cores aos máis repetidos. Deste xeito poderemos escoitar e coñecer os contos favoritos, as opinión dos nosos compañeiros e poder ler no mes de maio contos desta exposición se lles apetece.

Seguiremos o camiño por un curso que está a piques de rematar, sempre na boa compañía dun libro.