Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DO LIBRO. VISITA E ENTREVISTA A XURXO AYÁN

CONSTRUÍNDO COÑECEMENTO CON XURXO AYÁN VILA: CHARLA, ENTREVISTA EN RADIO GUÍMARO, VISITA GUIDADA A REPIL.

 O mércores, 22 de abril vivimos unha mañá moi especial e intensa!!!

Tivemos a sorte de recibir a visita do arqueólogo Xurxo Ayán Vila. Está a Levar a cabo, neste concello, varios proxectos de excavación: O Castro de San Lourenzo en Cereixa, memoria histórica en Repil  e  proxecto  de Adegas da memoria en Vilachá, na Ribeira Sacra. Grazas aos seos achados   acaban de  datar a orixe dos viñedos de Vilachá en torno ao século X e con eles os da Ribeira Sacra, cambiando así a crenza da súa orixe en torno á chegada dos romanos.

Contounos todo o proceso a través dunha presentación, como levaron a cabo a excavación en Vilachá e como aproveitaron a saiduríar dos veciñosque lle transmitiron de forma oral. Así souberon o lugar no que tiñan que comezar a excavación, nun lugar, no centro do val dos Frades, que recibe o nome dos Conventos. "Deste xeito Xurxo cóntanos como "a cultura poular tamén se trasnforma en ciencia ás veces" Así que  desbrozaron o lugar cheo de maleza….e comezaou a excavación!.

Descubren primeiro un gran recinto rectangular, unha igrexa e unha zoa adicada á viticultura e dátanse de hai 1000 anos e non 2000 como se viña crendo. Contounos o proceso da excavación e como contrastaron con outros documentos xa exixtentes doutros mosteiros similares a este como o de Montederramo donde as viñas eran dos monxes e os veciños traballábanas obrigados pagando ademais por este traballo.

O descubrimento máis importantexa foi  o último día de traballo: unha caveira que recibiu o nome de Frutuoso. Hoxe sabemos, a través da análise co carbono catorce que pertence a un monxe dos que habitaron o monasterio que alí existía. Se vamos a historia sabemos que no S. X se instalaron cristianos neta zona que buscan illamento. Atopáronse símbolos relixiosos similares aos doutras zonas de España, así como a disposición das tumbas orientadas ao leste, propio tamén das tumbas cristiás.

Así que o nome do val dos Frades obedece a que o mosteiro estaba ordeado por un frade, os veciños traballaban os viñedos e pagaban por traballar neles. Tivemos a sorte de contemplar algúns restos que nos trouxo: restos de vasixas, moedas e ata a dentadura dun neno!.

Tamén nos contou que nestes intres, no S. X o papel das mulleres era tan importante como os dos homes e tampouco estaban separados monxes e abadesas, senón que compartían o mesmo convento. Foi a partires do S. XII cando o papel da muller  quedou relegado.

Reservamos as preguntas desta fermosa  e auténtica clase para entrevistar a Xurxo en radio Guímaro.  Viaxamos con él ao noso pasado  e acompañámolo polo mundo a través dos lugares por donde excavou. Apreciamos o valor da arqueoloxia para investigar, explorar e coñecer mellor a nosa historia pero tamén falamos de libros…pois Xurxo leva escrito varios.

Imaxes

Soubemos así do importante que é escoitar, ler para poder ter que contar e escribir…. Coñecemos da súa man  cal é o proceso dende que o escritor crea o seu libro ata que volve a él xa para ser presentado convertido en libro e chega tamén ás nosas mans!!

Grazas Xurxo por compartir con nós esas experiencias que nos fascinan que nos levan por viaxes  marabillosas  cos teus relatos tan ben contados!

Sentímonos orgullosos de contar no noso concello con persoas do teu prestixio, arqueólogo, investigador e tamén escritor…..

Se queredes coñecer  o ben que conta , os seus traballos e un chisco do mundo dos libros...  escoita esta entrevista!!

Entrevista  en radio Guímaro

As palabras ben contadas e os libros son auténticos  albergues de sabedoria.

Imaxes da entrevista na radio

Fermosa mañá! pero aínda non rematou.

As 12:00 desprazámonos a Repil, un lugar do concello, donde  se está a levar a cabo outro proxectode memoria historica a través da excavación do lugar. Coñecemos agora a nossa historia anos atrás, guerra civil, postguerra e como neste lugar asasinaron a tres persoas por non pensar como o réxime daquela ditadura.

Impresionados por esta historia, emocionados ver o traballo en directo e poder participar grazas á amabilidade do equipo de Xurxo en como catalogan os achados indicando o lugar exacto, voltamos para o cole,repletos de información e coas ideas moi claras:

A curiosidade, o querer saber é a chave para camiñar coñecendo o que nos rodea e avanzar sen límites a outros lugares do mundo. Vivir en liberdade respetando os dereitos de todos non ten prezo!.

Imaxes Saída a Repil