Iniciar sesión: Acceso

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

SEGUIMOS CAMIÑANDO CARA A IGUALDADE

 Despois de coñecer mellor a Rosalía e demostrarlle ao mundo que as capacidades  nin o valor non teñen  xénero seguimos traballando para que a escola sexa o horto donde medran os nosos valores.

Con motivo do 8 de marzo facemos fincapé na necesidade de igualdade, no papel fundamental que desempeñaron as mulleres ao longo da historia. Moitas foron quen de romper barreiras e normas establecidas, e grazas ás súas loitas, reivindicacións e esforzos hoxe o papel das mulleres gañou o seu merecido recoñecemento…  inda queda  traballo pendente  acadar unha sociedade verdadeiramente igualitaria.

 Varios foron os ámbitos dende os que traballamos a necesidade de igualdade nas nosas vidas:

 *Esta conmemoración facíase conxuntamente cos servizos sociais do Concello na Casa da Cultura. Este curso non puido ser por mor da pandemia pero buscamos alternativas; así que acudiu ao centro Persoal de Servizos sociais e o alcalde que lles falou aos nenos e nenas da importancia de ser xustos e respetar e valorar as mulleres. Despois entregáronlles un portamáscaras e dúas máscaras a cada un coa simboloxia do concello e do 8 de marzo.

 Aquí vos deixamos algunha imaxe.

 *Dende o Concello tamén grabaron “conversas no centro de día” no que os usuarios e usarías falaban do traballo das mulleres antes, así como da súa dependencia  do cónxuxe o que aniquilaba a falta de liberdade e decisión das mulleres…

 Os nenos e nenas de quinto e sexto viron estas conversas, o xoves desa semana, na hora de ler, e, dado que este curso temos paralizado o noso club de lectura que coompartimos outros cursos, enviaronlles a través dun vídeo as súas reflexións….

Quinto e sexto para o Centro de día

 * Na biblioteca creouse o recuncho de contos e lecturas acordes con esta temática que foron surtindo as horas de ler desta quincena e as fontes de consulta para coñecer mulleres pioneiras.

Lecturas para o 8 de marzo

 *Traballamos pioneiras que non foron famosas no seu momento, pero que fixeron unha gran labor e grazas a elas  hoxe vivimos un presente mellor que o seu. Cada curso seleccionou unha pioneira para presentarlle aos demáis. Podedes descubrir  os traballos extraordinarios  de  mulleres  valentes que loitaron por acadar os seus proxectos e soños.

 Infantil: Presentounos a Eva Mejuto

 Primeiro e segundo: a Astronuata Valentina Tereshkova. 

 Terceiro e cuarto déixannos neste fermoso vídeo as súas relfexións

 Quinto e sexto creou biografías de mulleres pioneiras. Cada un seleccionou unha para darlle luz ao seu traballo. Podedes coñecelas nos programas de Radio Guímaro que fixo cada equipo

 Mulleres pioniras 1: Lola, Ainara. Héctor e Keira

 Mulleres pioneiras 2: Alejandra, Marcos, Manuel, Elena

 Mulleres pioneiras 3: Sara, Dani, Candela, Jose

 *Pero hai outras mulleres, que sen ser pioneiras, nin famosas, tamén merecen o recoñecemento do seu traballo diario. Grazas a elas temos as vitaminas, a enerxia e a forza necesarias para camiñar con ilusión e seguridade no noso día a día. Así que decidimos sacalas tamén á luz.

 Só tivemos que plantearlles aos nosxs nenxs que pensaran nunha muller importante na súas vidas para que saísen á luz ás mamás, avoas…e as profesións, case sempre compaxinadas co traballo  diario da casa.

 Nunha plantilla adaptada aos cursos reflexionaron sobre o traballo das mulleres das nosas familias. Traballos fermosos, porque fermoso e o seu traballo. Aquí queda o muro cos traballos dxs nosxs nenxs e o recoñecemento para todas as mulleres representado nesta estupenda selección de mulleres importantes nas súas vidas… que sabemos hai moitas mais, pero tiñan que elixir unha !

 Unha muller importante na miña vida

 Seguiremos traballando para que a escola sexa unha oportunidade para medrar en igualdade, para convivir no respeto, para que elas e eles constrúan os seus  proxectos e poidan desenvolvelos en plena igualdade.