Iniciar sesión: Acceso

DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA              

 O pasado venres 29 de xaneiro conmemoramos o día da Paz. Durante esta semana vivimos  momentos para a reflexión, a creatividade, actividades que invitan a camiñar na concienciación desta gran necesidade e na que todxs podemos aportar.

 O 30 de xaneiro, data da conmemoración coincide co aniversario da morte de Gandhi, (India, 1869-1948) Un líder e referente na loita pola Paz e a non violencia, na defensa dos dereitos humanos, a resistencia pacifista frente á inxustiza, asasinado por defender estas ideas.

 Achegamos ao alumnado diversas propostas coas que traballamos un chisco distinto, e rompemos a monotonía do día a día do cole, sen abandonar as normas de prevención nin os protocolos, pero que nos deron  luz, color, motivación, enriquecemento persoal…. E nos animaron a seguir soñando e  traballando  pola paz, a responsabilidade, o respeto no mundo…

 Recuncho de contos en torno a esta temática: Na biblioteca creamos o recuncho dos contos coa temática da Paz. cada aula  elexiu  contos para traballar así como surtir as lecturas do alumnado este mes…

 O alumnado de infantil e 1º e 2º traballaron co conto

“Fronteiras de papel”.

 O alumnado de infantil, despois de escoitar o conto e reflexionar sobre esta historia crearon os seus barcos de papel.

 O alumnado de 1º e 2º despois de escoitalo tamén na hora de ler e reflexionar sobre a historia de Martha e as fronteiras  desenvolveu un obradoiro  na sesión semanal do obradoiro de linguas traballando  con este conto.

Primeiro

Segundo

 O alumnado de 3º e 4º traballou con dúas curtas:

 A primeira traballa a Paz interior; unha nena que lle vai cedendo as súas responsabilidades a unha boneca. A boneca medra e a nena faise facendo boneca.

 A segunda unha  muller tece á carón dun acntilado e non sabe parar de tecer ata que a súa calceta arrastraa ao abismo. Cando remata a lá tece co seu propio cabelo. Finalmente acaba cortando o pelo para liberarse de toda esa carga.

 O alumnado de 5º e 6º  Leron e prepararon para contar aos demáis compañeiros: “Armas Para morrer de risa”.de Gloria Sánchez Traballaron con este conto tamén nun obradoiro no que crearon a súa propia arma para que as guerras se transformen en  Paz: ledicia, abrazos, amor, ilusión…. Contaron este conto na hora de ler, no patio aos demáis o venres 29 de xaneiro.

Biblioaxudantes: "Armas para morrer de risa"

Imaxes desta sesión

 No Club de lectura leron “O agasallo de Anya” de Sabela Núñez.

 Dende a área de plástica e tendo en conta que estamos a traballar co proxecto dende Voz Natura  sobre o camiño de inverno “O camiño Guímaro” decoraron unha cuncha na que escribiron que é a Paz para ti…. Con todas as cunchas compuxemos un mural coa palabra PAZ.

Cunchas pola Paz

Na área de relixión traballaron cunha canción de Unai Quirós, un profe de relixión, "Contagiame tu Paz". Despois fixeron un mural para a aula e pombas da Paz.

Convocouse o concurso de fotografía: Vexo a Paz. Enviaron as súas fotos de momentos, lugares, esceas…donde atoparon Paz ao correo da biblio. Unha actividade para a que foi preciso a participación  das familias, especialmente cos mais pequenos e ás que agradecemos a súa colaboración.  Resultaron tan emotivas, diversas, podedes disfrutar vós tamén nesta presentació

Vídeo coas imaxes: Vexo a Paz

 Biblio creativa:Como premio á participación entregóuselles a cada un un chaveiro coa pomba da Paz creado coa impresora 3D.

 Os gañadores deste concurso foron Arianna de 3º e Martín e Emma de 1º e 4º respectivamente.

 Precisamos do  protagonismo  da Paz nas nosas vidas, no mundo… porqu:

 “Non hai camiño para a PAZ: a PAZ é o único camiño”

 Mahatma Ghandi